Pizza de pepperoni e alfábega / Basil and pepperoni pizza

Pizza de pepperoni e alfábega

image

Encántame facer pizzas combinando diferentes ingredientes, e o pepperoni é un deses que queda realmente ben na pizza. De todas maneiras, podedes botarlle un ollo ás outras receitas de pizza que hai polo blogue. Aproveito esta receita para deixarvos uns pequenos truquiños para que vos saia unha pizza caseira de 10! Imos aló!

Ingredientes:

masa de pizza caseira
– pepperoni
– alfábega fresca
– champiñóns
– mozzarella relada
– prebe de tomate
– 1 chisco de aceite de oliva
– ourego

Preparación paso a paso:

1. Facemos a masa caseira seguindo os pasos da receita que vos deixei na ligazón dos ingredientes. É unha receita moi sinxela, e a masa está de vicio! Xa veredes, en canto a probedes caseira, non pararedes de repetir 😉

2. Estirámola co rolo de amasar ata que a teñamos co grosor desexado e botamos o tomate. O truco para que a pizza quede realmente rica, é non botar moito prebe de tomate e engadir un chisco de aceite de oliva.

3. Botamos a mozzarella relada e o resto dos ingredientes. Os champiñóns non é preciso fritilos antes, no forno faranse moito mellor e quedan máis saborosos, posto que non perden a auga e conservan máis o sabor.

pizza

4. Esparexemos ourego ao gusto e enfornamos a 200ºC durante uns 15-20 minutos ou ata que a base estea ben douradiña. Para facer pizza, sempre deberemos poñela no fondo de todo do forno, e con calor só por abaixo, o importante é que a masa se faga, o resto dos ingredientes aproveitarán o resto da calor.

5. Sacámola do forno, cortámola en anacos e metémoslle o dente así quentiña, que é cando está máis boa! E listo!!!

A alfábega fresca podedes engadirlla ou ben antes de enfornala ou ben despois. Se o facedes despois, conservará o aspecto verde clariño, suave e brillante, e se a poñedes antes, poñerase algo máis escura, mais o sabor será igual de intenso. Con estes sinxelos trucos sairavos unha pizza cun sabor incrible!!!

Bo proveito!!!

_________________________________________________

Basil and pepperoni pizza

image

I love preparing homemade pizzas with very different ingredientes, however, in this case, I used pepperoni, one of the most traditional pizza ingredients. In any case, you can also have a look at the other pizza recipes we have on the blog 😉 I wanted to make a new one to tell you some tricks to prepare the best homemade pizza EVER! Let’s go!

Ingredients:

homemamde pizza crust
– pepperoni
– fresh basil
– mushrooms
– grated mozzarella
– tomato sauce
– a bit of olive oil
– oregano

Step by step preparation:

1. Prepare the homemade pizza crust following the steps on the recipe you have on the ingredients link. It’s a veeery easy recipe and the flavour is so delicious and so different from the store-bought one, that once you try this, you’ll repeat for sure!

2. Roll the dough with a rolling pin until it is as thick as we want, and then add tomate sauce. Tip! Don’t pour too much tomato sauce, best homemade pizzas don’t swim in tomato sauce, so just add a bit to cover the whole crust and then add a bit of olive oil and spread.

3. Add grated mozzarella and the rest of the ingredients. Mushrooms don’t need any previous cooking, they will cook in the oven perfectly and will be even tastier!

pizza

4. Add oregano and bake at 200ºC for aroung 15-20 minutes or until the base is golden brown and crispy. Tip! When baking pizza, place it always at the very bottom of the oven, with hot only at the bottom as well. We want the base to be completely cooked, the rest of the ingredients will be ready with the heat around the oven 😉

5. Take it out of the oven, cut it in slices and eat is right away! It’s so delicious when hot!!! And that’s it!!!

Fresh basil can be added either before baking it or after. If you do it before, it will keep the light green colour, and its bright and smooth texture, if you bake the pizza with basil on, it will get darker, but the flavour will be kept. With these very simple tricks, your homemade pizza will be incredibly amazing!

Enjoy!!!

4 Comments

  1. Pintaza e heina probar! Super a prol das pizzas todas sempre!!

  2. Vaia pinta, imposíbel non babexar! Non sei se viches o estudo este que saíu hai pouco sobre a pizza, que si que é o alimento máis aditivo, polo queixo. E penso que tod@s o podemos confirmar, haha! Por certo, xa nos dirás onde consegues o pepperoni, que nos miramos un par de veces polo super e non tiñan.
    Unha aperta!!

    • Ola! Pois foi nun supermercado, pode ser que agora xa o teñan, xa me contarás! 😉 O do queixo de seguro que é así, polo menos para min, que devezo por el 😛 Na pizza ou onde sexa hehe.

      Apertas!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.