Roliños de nutella / Nutella rolls

Roliños de nutella e froitas

nutella rolls

Unha sobremesa para relamber os dedos e que, ademais, faise en 15 minutiños e con ingredientes deses que sempre temos pola casa. Unha lambonada das boas!!! E iso que lle botamos froita, por iso de compensar 😉 Así que os que teñades kiwis da horta, aproveitade, que á nutella vanlle de medo. E o ben que van as larpeiradas con chocolate agora no inverno, cousa rica 😀 Imos aló! Continue reading “Roliños de nutella / Nutella rolls”

Tortiñas de cabaza / Pumpkin pancakes

Tortiñas de cabaza

pancakes

Coa cabaza pódense facer moitas sobremesas, de feito, neste blogue xa temos unhas cantas: chuliñas de cabaza, flan de cabaza, ou torta de cabaza e oreo. Estas tortiñas son ben sinxelas, e a cabaza non só lles dará un sabor incrible, senón tamén fará que estas tortiñas sexan súper esponxosas. Ademais, as especias daranlle un toque exótico e moi orixinal. Imos aló! Continue reading “Tortiñas de cabaza / Pumpkin pancakes”

Galletas de nocilla / Nutella cookies

Galletas de nocilla

nutella cookies

Unhas deliciosas galletas con só tres ingredientes: Nocilla (ou nutella), 1 ovo e fariña! Así de sinxelo! 😀 E están boííísimaaaaaas!!! Con esta receita tan molona, non teredes que deixar nunca pasar ese antollo de galletas porque as poderedes facer nun plis! E a quen non lle gustan unhas galletas de chocolate? E se tendes o día ben larpeiro (coma min), podedes, ademais, botarlle uns lacasitos, máis anacos de chocolate, froitos secos…o que queirades! As galletas quedan ben crocantes, se sodes dos que vos gustan máis brandiñas, aquí tendes outra receita. Imos aló! Continue reading “Galletas de nocilla / Nutella cookies”

Baba ganoush

Baba ganoush

Baba Ganoush

Devezo polas berenxenas! Encántanme de tódalas maneiras posibles, e por iso xa había tempo que tiña gana de probar a facer na casa o Baba Ganoush, un prato similar ao hummus, no que cambiamos os garavanzos polas berenxenas. Un prato moi saudábel, saboroso, rápido e sinxelo. O prato perfecto para petiscar ou para unha cea lixeira. Continue reading “Baba ganoush”

Croquetas de grelos / Turnip tops croquettes

Croquetas de grelos e queixo

croquetas de grelos

Esta receita é unha das mellores receitas de croquetas que fixen ata o de agora. Non sabedes o ben que casa o queixo de Bama cos grelos de Boqueixón 😀 Unha parella perfecta! Crocantes por fóra e suaves por dentro, o seu sabor é incrible!!! Non enredo máis e xa vos conto como facelas, que non hai tempo que perder! Continue reading “Croquetas de grelos / Turnip tops croquettes”

Coulant de caramelo / Caramel lava cake

Coulant de caramelo

coulant

Como xa vos adiantei o venres, esta semana tocaba unha lambonada das boas, desas para os días máis larpeiros 😀 Os coulants sempre están de vicio, o de chocolate, que é o de sempre, xa está moi bo, mais este de caramelo non queda atrás. E se lle engadides un chisco de sal, xa está de vicio máximo!!! Xa veredes! Imos aló! Continue reading “Coulant de caramelo / Caramel lava cake”