Barriñas de choco e cacahuete / Peanut and chocolate bars

Barriñas de chocolate e crema de cacahuete

bars

O prometido é debeda, e como vos dixen a semana pasada, hoxe tocaba unha sobremesa coa crema de cacahuete caseira que xa fixemos. É unha receita desas que a min me gustan tanto, rápida, sinxela e moooi lambona! Con dicirvos que os ingredientes principais son a crema de cacahuete e o chocolate, xa vos digo todo, non? 😀 Estas barriñas están moi ricas, e aínda que para tomar con moderación, ao levar chocolate negro e a crema de cacahuete caseira, non é tan pouco saudábel 😉 Imos aló!

Ingredientes:

– 100 gramos de galletas
– 50 gramos de manteiga
– 50 gramos de crema de cacahuete
– 150 gramos de chocolate negro
– 50 gramos de chocolate branco

Preparación paso a paso:

1. Picamos as galletas na picadora e xuntámolas coa manteiga desfeita e coa manteiga de cacahuete.

bars

2. Facemos unha base nun molde forrado con papel vexetal ou aluminio, e aplanamos cunha culler.

bars

3. Desfacemos o chocolate, xa sabedes, no microondas en modo desconxelar desfaise de marabilla. Primeiro o chocolate negro e despois o chocolate branco.

bars

4. Botamos o chocolate por riba da base de galleta e cacahuete.

bars

5. E a continuación, engadir pequenas culleradas de chocolate branco e facer debuxiños cun escarvadentes. Deixamos arrefriar e listo!

bars

Non me digades que non é unha súper receita sinxela, rápida, lambona e ben sabedeira! E por se isto fora pouco, que pintaza teñen, non si? Con estes debuxos de chocolate, estas barriñas quedan ben feitiñas. Quen se apunta a preparalas?

________________________________

Peanut butter and chocolate bars

bars

A promise made is a debt unpaid! And so here we have this amazing recipe I promised you to bring using our hoomemade peanut butter from last week. This is one of those recipes I like the most, easy, quick and veeery sweet! And if you read the ingredients (chocolate and peanut butter) you will immediately agree with me 😉 And they’re not so unhealthy as you may think as we won’t be using any extra sugar. Let’s go!

Ingredients:

– 100 gr Marie biscuits
– 50 gr melted butter
– 50 gr homemade peanut butter
– 150 gr dark chocolate
– 50 gr white chocolate

Step by step preparation:

1. Process biscuits in a food processor and mix with melted butter and peanut butter.

bars

2. Form a base in a mould covered with a baking sheet or tin foil and spread with a spoon until smooth.

bars

3. Melt chocolates in the microwave (defrost mode). First the dark one and then de white.

bars

4. Pour melted dark chocolate over the cookie base.

bars

5. And then, add some little tsp of white chocolate and swirl with a toothpick making these lovely picture on top. Allow to cool and that’s it!

bars

This recipe is sooo easy, quick, delicious and addictive you’re going to be preparing it every other day 😉 And besides, they look so good with those lines on top, these bars are also a very beautiful and yummy gift! Come on! They’re delicious! Who’s in?

2 thoughts on “Barriñas de choco e cacahuete / Peanut and chocolate bars

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *