Crema de cacahuete / Peanut butter

Crema de cacahuete

crema de cacahuete

A crema de cacahuete non é que sexa algo moi popular por esta terra, mais sí que é certo que de cando en cando, buscando algunha que outra sobremesa, atopas entre os ingredientes esta crema. E sendo taaan sinxela de facer na casa e precisando tan poucos ingredientes, non perderemos de facer ningunha larpeirada por non tela, non? O ingrediente único e principal son os cacahuetes, despois poñereivos algún outro que pode facer que saiba máis similar á que se merca. Imos aló!

Ingredientes:

– 500 gramos de cacahuetes con cáscara
– sal, mel (ou sirope de arce ou ágave) e aceite de xirasol (estes ingredientes son opcionais)

Utensilios: unha picadora

Preparación paso a paso:

1. Os cacahuetes han de ser con cáscara, nada de fritos ou salgados, así que o primeiro paso é sacárllela.

2. Ao final, teremos uns 300 gramos de cacahuetes, que poñeremos ao forno durante uns 10 minutos a 180 graos para que saia máis o aceite e quede unha crema máis cremosa 😉

cacahuete

3. Nunha picadora, botamos a metade dos cacahuetes (aínda mornos) e picamos. Ao principio, veremos os cacahuetes moi picadiños.

cacahuete

4. Seguimos picando e veremos que irán pouco a pouco volvéndose unha crema. E faremos o mesmo coa outra metade.

cacahuete

5. Picamos ata obter a textura desexada. Probamos de sabor e engadimos, se o precisara, algún, todos ou ningún dos ingredienets opcionais. Eu boteille sirope de ágave, sal e un chisco de aceite de xirasol. E listo!!!

cacahuete

Xa vedes que é moi sinxela, só poñer os cacahuetes na picadora e ala, deixar que ela faga o seu traballo 😉 Nun par de minutos, estará a crema lista para degustar. Sobre unha torrada de pan, con froitas, a culleradas…hihihi! Está moi boa e é moito máis saudábel que as mercadas. Probade a facela na casa, que para a semana faremos unha receitiña con ela e chocolate! Ñaaaaaaaaam!!!

__________________________________

Peanut butter

crema de cacahuete

Peanut butter is incredibly tasty and matches perfectly with lots of recipes, especially with chocolate!!! 😉 But why buy when homemade peanut butter is much healhier, cheaper and more flavourful? With just some peanuts, you’ll get the most delicious peanut butter and you can then add some more ingredients if you want it to look like the store-bought ones. Let’s go!

Ingredients:

– 500 gr shelled peanuts
– salt, honey (maple or agave syrup) and sunflower or any other vegetable oil (except olive oil, which is too strong) – optional –

Utensils: a food processor

Step by step preparation:

1. Peanuts must be shelled or roasted, but neither salty nor fried, so first thing to do, unshell them.

2. We will have around 300 grams of peanuts. Roast them in the oven for around 10 minutes at 180ºC/350ºF, so the oil of the peanuts comes out.

cacahuete

3. In a food processor, add half the peanuts (still warm) and process them. At the beginning, you’ll see them just finely choppped.

cacahuete

4. Then, keep on pulsing until you see these chopped peanuts turn into a smooth cream. Do the same with the other half.

cacahuete

5. Process until you get the desired texture. Add the optional ingredients (if needed and wanted). I used agave syrup, salt and sunflower oil. That’s it!!!

cacahuete

You see this recipe is veeery simple, just put ingredients in the food processor and let it do all the work 😉 In just 3 minutes, you’ll have the best peanut butter ever! Taste it with some toasted bread, fruit or with a spoon straight from the food processor 😀 Try and make it at home and you won’t regret it! Very soon, we will be making a peanut butter and chocolate recipe! Yummy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *