Brunch americano / American Brunch

Brunch americano

Brunch

Isto do brunch, que semella un invento novo ou algo así, non é máis que comer algo máis forte cando durmimos de máis o domingo e xa é tarde para o almorzo e algo cedo para o xantar. De seguro que moitos de vós, coma min, almorzastes (algo tarde xa) algunha filloa (con chourizo), orella, pizza ou algunha que outra lambonada que sobraba do día anterior, non si? O caso é que agora está de moda (e con razón!!!), así que aquí vos deixo 4 receitas nunha, que as podedes facer para o brunch, para o almorzo, para xantar, de sobremesa…en fin, para cando máis vos apeteza! Dicirvos, por se alguén non o sabe, que a palabra brunch ven da unión de dúas palabras inglesas: breakfast (almorzo) e lunch (xantar) = brunch. Imos aló!

BRUNCH para 2 persoas:

Ovos benedictinos

brunch

Os ovos benedictinos están de vicio, xa o veredes! Dende que os probei, faríaos case tódolos días 😉

Ingredientes:

– 4 ovos
– 2 tiras de touciño (con chicha)
– 2 rebandas de pan
– prebe holandés: 2 xemas, 100 gr de manteiga, sal, viño branco e pementa

Preparación paso a paso:

1. Comezamos preparando o prebe holandés. Primeiro fervemos a manteiga para “clarificala”, é dicir, sacarlle a escuma e separar o soro.

ghee

2. Despois batemos as dúas xemas coas variñas e imos engadindo a manteiga (xa sen escuma e colléndoa sen remexer para que non se mesture co soro, que irá para o fondo) sen parar de bater ata que vaia collendo unha textura espesa. Engadimos sal, a culleradiña de viño branco e a pementa. Listo!

hollandaise sauce

3. Para facer os ovos, poñemos nun bol un anaco de prástico transparente, botamos aceite, sal e o ovo. Pechamos e atamos cun fío.

poached egg

poached eggs

4. Poñemos a ferver os ovos durante uns 3 ou 4 minutos.

poached eggs

5. Torramos as rebandas de pan, fritimos o touciño (sen aceite), poñemos enriba os ovos e tapámolos co prebe holandés. Para decorar, podedes botarlle unhas sementes de papoula.

eggs benedict

Sanduíche Monte Cristo

brunch

Este sanduíche non deixa de ser un mixto de toda a vida pasado por ovo batido e fritido. Así, o pan queda máis esponxoso, máis húmido e o queixo máis cremoso. Incrible!

Ingredientes:

– 4 rebandas de pan de molde
– 4 tiras xamón cocido
– 4 de queixo
– mozzarella relada
– 2 ovos batidos

Preparación paso a paso:

1. Facemos o sanduíche deixando o queixo no medio 😉 Eu púxenlle tamén mozzarella relada no centro para que quedase aínda máis cremoso.

2. Batemos dous ovos e mollámolos ben.

monte cristo

3. Fritimos con moi pouquiño aceite durante uns 3 minutos por cada lado. E listo!

monte cristo

Patacas especiadas

brunch

Esta receita é ben sinxela! E con este truquiño de cocelas antes de fritilas quedan moi crocantes, saborosas e collen menos aceite, polo que son máis saudábeis.

Ingredientes:

– 2 patacas
– especias varias: curry, ourego, alfábega, pementón…
– 30 gramos de fariña de trigo
– sal

Preparación paso a paso:

1. Lavamos ben as patacas (coa pel) e cortámolas en tiras.

potato wedges

2. Cocémolas durante uns 5 minutos en auga con sal.

3. Nunha bolsa, botamos a fariña, as especias e o sal. Poñemos as patacas dentro e movémolas ben para que queden ben especiadas.

potato wedges

potato wedges

4. Fritímolas e poñémolas sobre un papel absorbente para que queden ben crocantes. Listo!

potato wedges

Tortiñas esponxosas

brunch

Unhas tortiñas moooi esponxosas, lixeiras e saborosísimas! O mel dálle un toque doce moi rico e o prátano e as noces quédanlle de medo! Por máis almorzos de tortiñas!!! 😀

Ingredientes:

– 250 gramos de fariña
– 2 ovos
– 250 ml de leite
– 1 chisco de sal
– 15 gramos de fermento químico (ou un sobriño)
– 50 gramos de manteiga desfeita
– 15 gramos de azucre
– 15 gramos de mel
– prátano, mel (ou sirope de arce ou ágave) e noces

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes e facemos tortiñas, coma sempre, saberemos que están para darlles a volta, cando saian burbulliñas.

pancakes

2. Ímolas poñendo unhas por riba das outras e botámoslle o mel (ou sirope), o prátano en anacos e as noces. Listo!

E xa temos os 4 pratos para o noso súper brunch preparados! Intentei reducir a explicación o máximo posible para que non fose moi pesado de ler, se alguén ten algunha dúbida, escribídeme e tratarei de resolvela 🙂

Facelos todos dá choio, pero mmmm, cando tes o día lambón, este brunch é a solución perfecta. O brunch ou un bo cocido, claro, xD De todas maneiras, tódalas receitas se poden facer en calquera ocasión. Recoméndovos que as probedes todas, todiñas, aínda que non sexa á vez, pagará ben a pena, de verdade. Agardo as vosas fotos!!! E a seguir larpeireando 😉

__________________________________________

American brunch

Brunch

This post is four times better than all the rest because there are 4 recipes to prepare the most delicious brunch ever! With these recipes, you are going to become the hugest brunch fan and it is going to become a tradition at home. For those who don’t know where this word comes from, just tell you it’s a blending of two English words: breakfast and lunch = brunch. If you get up late and you don’t feel like preparing a whole meal, give this brunch a try 😉

BRUNCH for 2:

Eggs benedict

brunch

Eggs benedict are…mmm…OMG! There are no words to describe them! They’re absolutely delicious! Trust me! I would prepare them every day! 🙂

Ingredients:

– 4 eggs
– 2 slices bacon
– 2 slices bread
– hollandaise sauce: 2 egg yolks, 100 gr ghee (or butter), salt, tbsp white wine and pepper

Step by step preparation:

1. Let’s start with hollandaise sauce. If you find ghee, you don’t need to boil butter, so just melt it and follow next step. If you can’t find it, boil butter, take all the foam off, let it cool and don’t mix, so butter will stay on top, and whey will go to the bottom.

ghee

2. Then, beat egg yolks and add ghee (or butter) bit by bit while beating until thicker. Add tbsp white wine, salt and pepper. That’s it!

hollandaise sauce

3. To prepare the eggs, put some plastic wrap over a bowl, add some oil, salt and the egg. Put sides together and close it with a thread.

poached egg

poached eggs

4. Boil eggs for around 3 or 4 minutes.

poached eggs

5. Toast bread and fry bacon (with no oil, until crispy), put eggs on top and cover them with the sauce we’ve made. To decorate, spread some poppy seeds.

eggs benedict

Monte Cristo sandwich

brunch

This sandwich is a ham and cheese sandwich coated in egg and fried with very little oil. Bread will stay softer, fluffier and cheese even creamier! Amazing!

Ingredients:

– 4 slices of sliced bread
– 4 slices boiled ham
– 4 of cheese
– some grated mozzarella
– 2 beaten eggs

Step by step preparation:

1. Make sanwich leaving cheese in the middle. I added some extra grated mozzarella for it to be even smooth 😉

2. Beat eggs and coat sandwiches in it.

monte cristo

3. Fry with very little oil both sandwiches for around 3 minutes each side. And that’s it!

monte cristo

Potato wedges

brunch

This recipe is very simple! With this little trick of boiling potatoes before frying them, they’re crispier, tastier and as they get less oil, even healthier 😛

Ingredients:

– 2 potatoes
– spices: curry, oregano, basil, peppers…
– 30 gr plain flour
– salt

Step by step preparation:

1. Wash potatoes (skin on) and cut them in wedges.

potato wedges

2. Boil them for 5 minutes in salty water.

3. In a plastic bag, add flour, spices and salt. Introduce potato wedges, close the bag and shake it.

potato wedges

potato wedges

4. Fry them and put them over a paper towel so they get really crispy. That’s it!

potato wedges

Fluffy pancakes

brunch

These pancakes are extremely fluffy and flavourful! Honey gives them a so sweet touch! I love them!!! I used some bananas and walnuts and they’re awesome! 😀

Ingredients:

– 250 gr plain flour
– 2 eggs
– 250 ml milk
– 1 pinch of salt
– 15 gr baking powder
– 50 gr melted butter
– 15 gr sugar
– 15 gr honey
– bananas, walnuts and honey (agave or maple syrup)

Step by step preparation:

1. Mix all ingredients and cook pancakes as usual. Remember they’re ready to flip, when we see those little bubbles.

pancakes

2. Place them on top of each other and pour honey, bananas and walnuts. That’s it!

And here we have this super delicious brunch ready! I tried to explain it as quick as possible so you didn’t have to read a lot, but if you have any doubt, please let me know!

If you have to prepare the whole 4 dishes, you will need some help, but if you really feel like eating, this is the best solution 😀 Anyway, even if you are not a brunch fan (you should definitely be), you can try any of these dishes everytime you want! Send your brunch pics to make me be green with envy! See you eating! 😛

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *