Linguado en tempura / Sole tempura

Linguado en tempura

linguado

Esta receita de linguado en tempura é perfecta para aquelas persoas ás que lles gusta o peixe, mais non tanto as espiñas e tamén para a cativada 🙂 O linguado é moi saboroso, non ten nada de graxa e, polo tanto, ben saudábel. O máis complexo desta receita é facer os filetiños de linguado, mais con esta sinxela explicación paso a paso, xa veredes como resulta do máis sinxelo! Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 3 linguados
– fariña
– auga ben fría
– 1 chisco de fermento químico
– sal

Preparación paso a paso:

1. Para facer esta receita, teremos que pedir na peixería que lle saquen a pel e a cabeza ao linguado.

linguado

2. Despois, sacarémoslle o rabo e dividiremos o peixe en dúas metades.

linguado

3. Agora poñemos o coitelo (ben afiado) no centro do peixe, xusto ao carón da espiña central, e cortamos cara abaixo con suavidade, ata que cheguemos á espiña.

linguado

4. Xiramos o coitelo cara á dereita e imos cortando a ras de espiña ata que case cheguemos ao final.

linguado

5. Sacamos o coitelo sen sacar o filete, e facemos un corte ao longo xunto onde comezan as espiñas exteriores.

linguado

6. E xa está! Xa podemos sacar o filetiño limpo, sen espiñas e aproveitando a carne de peixe todo o posible para non tirar nada. Faremos así con tódolos linguados. Salgamos.

linguado

7. Para facer a tempura, hai moitas maneiras. Eu prefiro a máis sinxela, nada de fariñas especiais nin nada, só mesturamos auga moi fría (da neveira), fariña e un chisco de fermento químico ata ter unha masa basta (máis ou menos como a textura do amoado das filloas) ;D Pasamos os filetes pola tempura.

linguado

8. Fritímolos ata que estean douradiños e listo!

linguado

Acompañados dunha boa ensaladiña variada, estes filetes de linguado en tempura son un vicio! O linguado xa está boísimo de por si, mais con esta sinxela e saborosa tempura, aínda melloran un chisco máis. E ademais, que pracer o poder comer peixe sen preocuparse das espiñas e deixar o prato como unha patena 😛

___________________________________________________

Sole tempura

linguado

This recipe of sole tempura is perfect for all those who like fish but are not very fond of the fish bones and, of course, for the little ones as well :)Sole fish is delicious, no fat at all and really healthy. The most difficult step of this recipe is getting the sole fillets, but once you master that skill, it’s the easiest recipe EVER! As well as the tastiest! Let’s go!

Ingredients for 2:

– 3 sole fish
– flour
– cold water
– 1 pinch baking powder
– salt

Step by step preparation:

1. To prepare this recipe, we will ask the the fishmonger to take the sole’s skin off.

linguado

2. Then, cut off the tail and cut fish into two.

linguado

3. Place the knife (very sharp) in the center of the fish, just close to the bones and cut until you get the middle fish bones.

linguado

4. Turn the knife to your right and cut all long the bones until you almost get to the end.

linguado

5. Stop there, take off the knife and make a cut along the fish just where the outer bones start.

linguado

6. And there it is! A clean, no-bones sole fillet. Repeat the process with all the soles. Salt.

linguado

7. There are several ways of preparing the tempura. My favourite is the easiest one, with no special flours at all. Just cold water (from the fridge), plaint flour and a pinch of baking powder, until you get a kind of thick batter (just like that of crepes) Dip fillets in the tempura.

linguado

8. Fry them until golden and that’s it!

linguado

Having a salad and these tempura sole fillets is both a healthy and flavourful dish! Sole fish is one of my favourite fish, so full of flavour, and with this tempura is even better! Besides, we all love enjoying a good dish of fish wihout having to take off each and every bone very carefully 😛

2 thoughts on “Linguado en tempura / Sole tempura

  1. Hola kukinhas,teño que probar a sacar a espiña,visto así ,parece moi sinxelo,logo na practica seguro que non o é.Pero vou a intentalo e logo xa che contarei como me foi.Graciñas pola receita.Un saúdo moi forte. Isabel

    1. Siii! Se o fago eu, é sinxelo! Ao cortalo á metade, resulta moito máis doado e saen de marabilla 🙂 Xa me contarás como foi cando o probes. Unha aperta forte! Kukinhas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *