Galletas de castañas / Chestnut cookies

Galletas de castañas

castañas

Chega o outono e, con el, a chuvia, os días pequenos, o frío e ata algunha que outra cicloxénese explosiva. Mais este tempo máis frío, sempre trae moitas alegrías gastronómicas, as cabazas, o cocido, as filloas e, por suposto, as castañas. Fagas como as fagas, sempre están boas. Cocidas, asadas, en trufas e tamén nestas saborosísimas galletas!!! Si, si, galletas de castañas! Unha receita espectacular e cun resultado xenial! Unhas galletas cun sabor a castaña en cada trabada, quen se apunta? Imos aló!

Ingredientes para unhas 30 galletas:

– 200 gramos de castañas sen a pel exterior e sen carne (vermes!) 😉
– 1 chisco de sal
– boliñas de anís ou un chorriño de licor de anís
– 175 gramos de manteiga algo desfeita
– 175 gramos de azucre moreno
– 2 ovos
– 400 gramos de fariña xirgada
– chocolate (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Cocemos as castañas cun chisco de sal e o anís ata que estean brandas.

galletas de castañas

2. A continuación, sacámoslle a pel e esmagullámolas cun garfo. Non importan se queda algún anaco pequeno, despois é xenial atopalos nas galletas 😀

galletas de castañas

3. Engadimos a manteiga e o azucre moreno e mesturamos todo moi ben.

galletas de castañas

4. Botamos os ovos e a remexer.

galletas de castañas

5. E por último, engadimos a fariña xirgada amasando ata facer un boliño de masa.

galletas de castañas

6. Se facedes as galletas cun cortador, enfariñamos a mesa, estiramos co rolo de amasar e cortamos. Se empregades un selo de galletas, como no meu caso, facemos boliñas (estas eran duns 37-40 gramos) e aplanámolas co selo ata que as vexamos asomar polas beiras 🙂

galletas de castañas

galletas de castañas

galletas de castañas

7. Enfornamos a 180ºC (función ventilador, calor por arriba e por abaixo) durante uns 15 minutos ou ata que collan unha lixeira cor dourada polas beiras. Unha vez que xa estean feitas, poñémolas a arrefriar sobre a grella do forno e listo!

galletas de castañas

Se vos sentides especialmente larpeiras e larpeiros, podedes facerlle uns debuxiños con chocolate. Eu, aproveitando o debuxo do selo, recheei as palabras HOME MADE co chocolate, e o certo é que lle queda moi ben! Mais estas galletas son tan gustosas que non precisan de moito máis. Acompañadas cun chocolatiño ou café ben quentiño, son o almorzo, merenda, sobremesa perfecta para calquera tarde de outono. E bravo polas castañas!

_______________________________________________________

Chestnut cookies

castañas

Fall has finally arrived, and with it, the rain, shorter daylight, cold and even some explosive cyclogenesis. But, this weather also brings a lot of good things, pumpkins, Galician filloas, stews and, of course, the always delicious chestnuts. No matter how you prepare them, they will always be delicious! Boiled, roasted, in truffles and in this flavourful cookies too!!! This recipe is amazing! If you like chestnuts, you will taste them in every single bite of this cookie. Who’s in? Let’s go!

Ingredients for around 30 cookies:

– 200 gr chestnuts without the outside skin and with no meat (worms!) 😉
– a pinch of salt
– anise seeds or some anise liqueur
– 175 gr soft butter
– 175 gr brown sugar
– 2 eggs
– 400 flour, sifted
– chocolate (optional)

Step by step preparation:

1. Boil chestnust with a pinch of salt and anise until very soft.

galletas de castañas

2. Then, peel them off and smash them with a fork. Don’t worry if you see bigger crumbs, it’s so good to find them later on in the cookies 😀

galletas de castañas

3. Add butter and brown sugar and mix well.

galletas de castañas

4. Add in eggs and mix.

galletas de castañas

5. And last, add sifted flout and knead until forming a dough ball.

galletas de castañas

6. If you make cookies using a cookie cutter, just roll with a rolling pin and cut. If you use a cookie stamp, form little balls (mine were 37-40 grams each) and smash them using the stamp until you see cookie dough coming out of the stamp edges 🙂

galletas de castañas

galletas de castañas

galletas de castañas

7. Bake at 180ºC/350ºF (fan mode, heat on top and bottom) for around 15 minutes or until they get a golden colour on the edges. Once done, put them over a wire rack until cold. And that’s it!

galletas de castañas

If you feel like having a super sweet tooth day, you can dip them in chocolate or, as I did, spread some chocolate on the cookie stamp letters. The truth is they don’t need it, but chocolate always matches perfectly with every kind of sweet treat, right? This autumn is going to be warmer with this incredible cookies and a cup of tea, chocolate or coffee. I have always been a huge fan of chestnuts, and now with this tasty cookies, even more! And you? What are you waiting for? 😉 Chestnuts rule!!!

6 Comments

  1. Tais Orión

    Se ven deliciosas!!!! Si pudiera comer de todo estaría ahora mismo haciéndolas… Que buena pinta!!! Me encantan las recetas de castañas!! Adoro el otoño!

  2. Por fin podo pasarme a ver a receita completa!! Riquísimas estas galletas 😀
    Bicos!!

  3. Vaia pinta que teñen! intentarei facelas sen glute.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.