Espaguetis de cabaciña / Zucchini noodles

Espaguetis de cabaciña con berenxena

zoodles

Cando na horta hai produtos tan saborosos, frescos e saudables como son as cabaciñas, os tomates e as berenxenas, chega o momento de discurrir milleiros de receitas para ir aproveitando tódalas verduras. Esta receita é rápida, sinxela e saborosa. As miñas favoritas, como ben sabedes. E ademais, saudábel e lixeira! Teno todo, non me digades que non 😉 Para vexetarianos, veganos, dieta paleo e zampóns en xeral. Xa vos convencín, non? Pois imos aló! Continue reading “Espaguetis de cabaciña / Zucchini noodles”

Galletas de tona / Cream biscuits

Galletas de tona (receita tradicional)

image1

Encántanme as galletas de tona!!! Todas! Mais desta vez, quixen facer a receita da maneira máis tradicional posible. Para iso, merquei dous litros de leite cru O Alle, e fixen a tona na casa. O proceso é sinxelísimo, e paga tantísimo a pena polo seu incrible sabor, que volo recomendo un montón! O leite cru pódese mercar na Praza de Abastos de Santiago ou en tendas como La Fromaxerí (na rúa de San Pedro) ou en A Cesta da Saúde (en Ramón Cabanillas). Imos aló! Continue reading “Galletas de tona / Cream biscuits”

Pementos de Padrón recheos / Stuffed Padron peppers

Pementos de Padrón recheos

image1

Pementos de Padrón??? Recheos??? Co pequenos que son??? Siiii!!! E están boísimos! De verdade! Non dan moito choio, non vos asustedes, nin escollendo os pementos máis grandes, nin nada. Só hai que ir cun pouco de tino e xa está! Ademais, para evitar que o queixo se nos escape, farémoslle un dobre empanado para que quede perfecto 😀 Animádevos porque vos han gustar seguro. Os pementos de Herbón sempre están bos, e se lles poñemos algún queixo galego, que vos vou contar, esta combinación ten que estar boa á forza. Imos aló! Continue reading “Pementos de Padrón recheos / Stuffed Padron peppers”