Espagueti con ameixas / Spaghetti with clams

Espagueti con ameixas

spaghetti clams

O certo é que, botando unha ollada polo blogue, poucas son as receitas que teño con marisco, creo que a empanada de millo de berberechos e pouco máis. Supoño que é porque o marisco é tan saboroso que poucas voltas hai que darlle para que estea de vicio! A min as ameixas e os berberechos gústanme de calquera maneira, ata sen conciñar! E así, con este prebe tan saboroso e acompañado dos sempre bos espaguetis, farán que este prato se converta nun dos vosos preferidos. Imos aló!

Ingredientes para 4 persoas:

– 1 cebola
– 1 pemento vermello
– 3 follas de loureiro
– 1 vaso de auga
– 1/2 vaso de brandi
– colorante alimentario ou azafrán
– 1 cullerada de ketchup
– 2 culleradas de prebe de tomate
– 1 kilo de ameixas
– 300 gramos de espagueti

Preparación paso a paso:

1. Cortamos en anaquiños a cebola e o pemento e poñémolos a fritir xunto coas follas de loureiro. (Kukiconsello: probade a botar follas de loureiro na auga cando cozades pasta, quédalle xenial, xa veredes!!!)

spaghetti clams

2. Engadimos a auga, o brandi e o colorante e deixamos que ferva.

spaghetti clams

3. Engadimos o prebe de tomate e o ketchup e mesturamos todo ben.

spaghetti clams

4. E agora toca botar as ameixiñas. Como vedes, non engadimos sal porque as ameixas hanlle dar o sabor salgado que precisa o prebe. Deixamos que se abran e se cozan.

spaghetti clams

5. Por outra banda, cocemos o espagueti (con sal) ata que xa case estea a punto. Se o envase pon 8 minutos, deixarémolo 5 ou 6, para que despois rematen de facerse co prebe.

6. Mesturamos, con moito tino para que as ameixas non escapen da cuncha, os espaguetis e as ameixas co prebe e listo!

spaghetti clams

A receita xa vedes que máis sinxela non pode ser! Convén sempre probar de sal antes de engadir os espaguetis, de todas maneiras, eu non engadín máis sal, mais por se acaso, comprobádeo 🙂 Están boísimos!!! E non vos fartaredes de repetir e repetir! As ameixas daranlle un sabor delicioso a mar aos espaguetis, riquísimo!!! Eu nunca son quen de comer un prato só, seeempre teño que repetir, aínda que estea fartísima 😀 Por certo, se queredes botarlle un ollo a outra receita de espagueti con ameixas, no blogue de Quero Xamón tamén ten unha versión moi saborosa!

___________________________________________________

Spaghetti with clams

spaghetti clams

The truth is that, looking back on my recipes, I don’t have lots of them with seafood, just the Galician cockles empanada and not many more. I guess that’s because seafood needs so little to be absolutely delicious that there’s no need of recipes! 🙂 I love cockles and clams so much that I can even eat them raw! But I must admit that clams, with this sauce I’m going to tell you about, are even more delicious! Yeees!!! And we all love spaghetti, righ? 😀 Let’s go!

Ingredients for 4:

– 1 onion
– 1 red bell pepper
– 3 bay leaves
– 1 cup water
– 1/2 cup cognac
– food colouring or saffron
– 1 tbsp ketchup
– 2 tbsp tomato sauce
– 1 kg clams
– 300 gr spaghetti

Step by step preparation:

1. Chop onion and red bell pepper and fry together with the bay leaves. (Kukitip: try to add bay leaves when boiling pasta…yummy!!!)

spaghetti clams

2. Add water, cognac and saffron and bring to a boil.

spaghetti clams

3. Add tomato sauce and ketchup and mix all well.

spaghetti clams

4. And now, add clams. As you can see, we add no salt because clams will give the salty flavour the sauce needs. Let clams open and cook.

spaghetti clams

5. On the other hand, cook spaghetti (with salt)until they’re almost done. If on the packet says 8 minutes, let them cook 5 or 6 so they become fully cooked in the sauce.

6. Mix, very carefully so clams don’t escape from their shell, spaghetti, clams and sauce and that’s it!

spaghetti clams

This recipe is veeery tasty and incredibly easy! Although I haven’t added any salt at all, try sauce before adding spaghetti, just in case! You will repeat, and repeat, and repeat… I must confess I always eat A LOT because they’re so FLAVOURFUL!!! Clams will give spaghetti a delicious sea flavour 😀 If you try them, you’re going to become crazy for them, you’ll see! Give you my word!!!

Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.