Blondies de pistachos e framboesas / Pistachio and raspberries blondies

Blondies de pistachos e framboesas

blondies

O meu polo brownies é pura paixón! Encántame incluso máis facelos que papalos porque sei que teño xente ao meu carón que goza moito deles. 🙂 E os blondies non deixan de ser a versión de chocolate branco dos brownies. Nin máis nin menos. E como é ben sabido que os froitos secos e os froitos vermellos casan moi ben co chocolate branco, aí que van os dous para facerlle compaña a estes saborosísimos blondies. Imos aló!

Ingredientes:

– 50 gramos de pistachos sen cáscara (que serán uns 100 gramos con cáscara)
– 60 gramos de framboesas
– 150 gramos de chocolate branco
– 125 gramos de manteiga
– 100 gramos de azucre
– 2 ovos
– 200 gramos de fariña
– 1 chisco de sal
– 1/2 culleradiña de fermento químico
– 1 culleradiña de esencia de vainilla

Preparación paso a paso:

1. Picamos os pistachos e as framboesas.

blondies

2. Derretemos no microondas (sempre vixiando para que non se nos queime)o chocolate branco e maila manteiga.

blondies

3. Ao que xa estean ben desfeitos, engadimos o resto dos ingredientes e mesturamos ben. Non vos asustedes se vedes que a masa queda moi espesa, é así 😉

blondies

4. Engadimos os pistachos e mesturamos de novo.

blondies

5. Nun molde forrado con papel de aluminio, botamos e esparexemos ben unha capa de masa e imos colocando as framboesas.

blondies

Cubrimos co resto da masa e enfornamos durante uns 25 minutos a 180ºC ou ata que vexamos que por riba colle unha lixeira cor dourada e un escarvadentes cravado no centro saia limpo ou con algún anaquiño pegado. E listo!!!

blondies

Agora só temos que agardar a que arrefríe para cortalo, senón corremos o risco de que se desfaga. Cos blondies pasa o mesmo que cos brownies, ao día seguinte aínda están máis bos 😀 As framboesas danlle un toque fresquiño que lle queda de medo! Por estes blondies, ben paga a pena facer un sacrificio 😉 Por certo, eu só lle botei 100 gramos de azucre porque considero que o chocolate branco é moi doce, de todas maneiras, se alguén o quere máis doce, ata 150 gramos creo que non sería pasarse 😀

Bo proveito!

_________________________________________________

Pistachio and raspberries blondies

blondies

Another sweet confession: I have a crush on brownies! 🙂 And not only because I like eating them, but also because I love preparing them for the people I have around and that I know they love them too! 🙂 And blondies are just the white chocolate version of brownies. Neither more nor less. White chocolate matches perfectly with nuts and red berries and so that’s why I decidede to make these incredibly tasty blondies with pistachions and raspberries. Let’s go!

Ingredients:

– 50 gr unshelled pistachios (around 100 gr shelled)
– 60 gr raspberries
– 150 gr white chocolate
– 125 gr butter
– 100 gr sugar
– 2 eggs
– 200 gr flour
– 1 pinch of salt
– 1/2 tsp baking powder
– 1 tsp vanilla essence

Step by step preparation:

1. Chop pistachios and raspberries.

blondies

2. Melt in the microwave (or in a double boiler) butter and white chocolate. Watch it out from time to time as white chocolate burns easily.

blondies

3. Once melted, add the rest of the ingredients and mix well. Don’t be scared if you see batter is too thick, that’s the way it should look 😉

blondies

4. Add pistachios and mix again.

blondies

5. In a baking mould covered in tin foil, add half the batter and spread it all over the mould, place the raspberries and add the rest of the batter.

blondies

Bake for 25 minutes at 180ºC/375ºC or until it gets a light golden colour on top and a toothpick inserted in the middles comes out clean or with a few crumbs attached to it. And that’s it!

blondies

Now we just have to wait until it’s cold and cut it! Don’t cut it while hot ’cause it may break. Both brownies and blondies taste (even) better the next day 😀 Raspberries give it a fresh flavour you’re gonna love. If you have a sweet tooth, try these blondies, they’re really worthy!!! BTW! I just used 100 grams of sugar because I think white chocolate is very sweet, if you want them sweeter, up to 150 gr would be perfectly ok! 😀

Enjoy!!!

2 Comments

  1. Hola kukinhas:con estas receitas tan ricas que fas,a verdade,que non hai quen faga dieta e logo xa sabemos o que nos pasa ja,ja,ja.Todo ten tan boa presenza ,que xa se come cos ollos.Eu teño a sorte que todo me sabe ben.Non lle poñas unhas fotos tan chulas,eu creo que xa engordo só con velas.Mañan vou facer chulas de cabaza, saquei a receita do teu libro ,a ver como me saen,xa che mandarei as fotos.Unha aperta moi grande .
    Isabel

    • Como foron esas chulas? Agardo que moi ben! E xa me contarás 🙂 A verdade é que desta vez o fotógrafo esmerouse moito, cada vez que vexo a foto, teño gana de comer máis e máis blondies 😀 Moitas grazas polos teus comentarios! Encántame que che gusten as receitas! Unha aperta ben forte. Kukinhas

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.