Espaguetis de cabaciña / Zucchini noodles

Espaguetis de cabaciña con berenxena

zoodles

Cando na horta hai produtos tan saborosos, frescos e saudables como son as cabaciñas, os tomates e as berenxenas, chega o momento de discurrir milleiros de receitas para ir aproveitando tódalas verduras. Esta receita é rápida, sinxela e saborosa. As miñas favoritas, como ben sabedes. E ademais, saudábel e lixeira! Teno todo, non me digades que non 😉 Para vexetarianos, veganos, dieta paleo e zampóns en xeral. Xa vos convencín, non? Pois imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 1 cabaciña
– 1 berenxena
– 1/2 cebola
– 2 ou 3 tomates relados
– ourego
– sal
– queixo relado (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Para facer os espaguetis de cabaciña hai moitas maneiras. Hai peladores especiais que xa fan os espaguetis, hai espiralizadoras (isto xa é moi profesional) ou hai reladores, dos de sempre. Eu fíxenos co relador, cos buratos máis anchos ao longo da cabaciña (se a cabaciña é moi grande, mellor facede unha metade primeiro e despois a outra), para que queden o máis longo posible.
Os espaguetis pódense tomar crús, fritidos ou escaldados. Iso xa a gustos. De todas maneiras, estarán moi ricos.

zoodles

2. Fritimos a berenxena cortada en cadradiños e maila cebola e cando xa estea a punto, relamos os tomates e engadímolos. Engadimos sal e ourego ao gusto.

zoodles

3. Cando xa teñamos o acompañamento listo, fritimos os espaguetis durante uns minutiños a lume alto e sen sal. Se lle botamos sal, botarán auga, polo que o sal, botarémosllo ou ben cando xa os vaiamos sacar da tixola, ou ben xa no prato.

zoodles

4. Botamos os espaguetis, engadimos a berenxena e o tomate e rematamos cunha boa cantidade de queixo relado (se sodes moi ratiños coma min) 😀 E listo!

Despois no prato, mesturamos todo ben e a papar! Son unha delicia, moito máis lixeiros que os espaguetis de sempre, máis saudábeis e saborosííísimos!!! 😛 Facédeme caso e probade este riquísimo prato 🙂 Ademais, dalgunha maneira temos que compensar a receita lambona do venres, non? 😀

__________________________________________________

Zucchini noodles with eggplant

zoodles

When you have so many homegrown products around, so fresh, healthy and tasty as zucchini and eggplants, you have to come up with so many recipes that you end up being some sort of encyclopedia of veggies recipes 😀 This zucchini noodles or zoodles are quick, simple and delicious! And not only this, they’re healthy and light as well. This recipe has it all, right? To vegans, vegetarians, paleo diet and veggies-eaters in general! Perfect for everyone! You’re totally into it, aren’t you? So let’s go!

Ingredients for 2:

– 1 zucchini
– 1 eggplant
– 1/2 onion
– 2 or 3 grated tomatoes
– oregano
– salt
– grated cheese (optional)

Step by step preparation:

1. To prepare these zucchini noodles, you can do it in quite a few ways. There are some peelers which have a special razor perfect for making the noodles, a spiralizer (very professional!) or you can simply do it with a grater. I did it with a grater, using the big holes side, trying to grate the zucchini from beginning to end. If zucchini is too bit, cut it in halves first.
Zoodles can be eaten raw, fried or boiled. They’re incredible either way!

zoodles

2. Fry eggpland and onion until done. Grate tomatoes and add them to the veggies. Add oregano and salt.

zoodles

3. When all ready, fry zoodles for a couple of minutes at a medium-high temperature with no salt. If we add salt when frying them, they will start to take all juice out. To get a better result, add salt when out of the frying pan and mix.

zoodles

4. Put zoodles over a dish, add the eggplant mixture and top with a good amound of grated cheese (if you like it as much as I do) 😀 And that’s it!

Mix all ingredientes and enjoy! Delicious, healthy, with fresh homegrown products! This recipe is incredible!!! Do yourself a favour and try it! It’s going to become your favourite veggies recipe! And…with these healthy recipes, we will be preparing ourselves for the sweet and no-healthy-at-all Friday recipes! 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *