Tartar de salmón afumado / Smoked salmon tartare

Tartar de salmón

salmon tartare

O tartar de salmón adoita facerse co salmón cru, mais con salmón afumado o certo é que está boísimo! E que dicir da combinación salmón-aguacate? É simplemente perfecta. Tanto se vos atrevedes co salmón cru, ou probades co afumado, este aderezo de seguro que vos encanta. É ben sinxelo, e sempre podedes xogar con aqueles ingredientes que vos enchan máis o ollo 😉 Imos aló! Continue reading “Tartar de salmón afumado / Smoked salmon tartare”

Galletas con pegada / Thumbprint cookies

Galletas con pegada

thumbprint

Aviso a todas e todos (e quen avisa, xa sabedes…)!!! Estas galletas son aditivas! E non é por iso que se chaman con pegada, senón porque empregaremos a pegada do noso dedo gordo ou matapiollos, mais tamén se poderían chamar así porque de verdade que deixan pegada! Un sabor intenso a chocolate, unha textura coma a do brownie e, por se isto xa fora pouco, cun recheo de chocolate branco e con leite que…mmmm…puro vicio chocolateiro! De feito, estou escribindo a receita con eles ao meu carón e ven un arrecendo…creo que vou coller unha 😉 Imos aló! Continue reading “Galletas con pegada / Thumbprint cookies”

Pan crocante de sementes / Seed crackers

Pan crocante de sementes

seed crackers

Esta receita tan sinxela e rápida é xenial para tomarlle un petisco pola media tarde ou media mañán cando nos entra un chisco de fame e non sabemos moi ben que comer. Ou mesmo para o almorzo, con salmón afumado, crema de queixo ou paté. Non hai que amasar, só mesturar os ingredientes e listo, e ademais, podedes botarlle aquelas sementes que máis vos gusten. Cando as fixen, non tiña sementes de xirasol, mais de seguro que tamén lle quedan de medo, así que imaxinación ao poder! Imos aló! Continue reading “Pan crocante de sementes / Seed crackers”

Trufas de cenoria da India / Indian carrot truffles

Trufas de cenoria da India (Gajar ki burfi)

gajar ki burfi

Dende que fun á Illa Mauricio, hai xa uns cantos anos, sempre tiña na cachola a idea de facer unha sobremesa que probamos alí. Aínda que é unha das illas máis multiculturais do Índico, a poboación hindú é maioritaria e, como non ía ser menos, aproveitamos para probar a súa gastronomía. Cando probamos esta lambetada (o seu nome orixinal é gajar ki burfi ou gajar ka halwa), aínda sabendo que era de cenoria, alucinamos!!! Vaia sabor! Non sabía se me sabía a nata, a leite condensado, a crema de queixo, a chocolate branco…e con ese toque a cardamomo, mmm! Que riiico!!! Así que preparade esas cenorias da horta, que non sempre as imos empregar para pratos salgados, que nas lambonadas tamén quedan de 10! 😀 Imos aló! Continue reading “Trufas de cenoria da India / Indian carrot truffles”

Espagueti con ameixas / Spaghetti with clams

Espagueti con ameixas

spaghetti clams

O certo é que, botando unha ollada polo blogue, poucas son as receitas que teño con marisco, creo que a empanada de millo de berberechos e pouco máis. Supoño que é porque o marisco é tan saboroso que poucas voltas hai que darlle para que estea de vicio! A min as ameixas e os berberechos gústanme de calquera maneira, ata sen conciñar! E así, con este prebe tan saboroso e acompañado dos sempre bos espaguetis, farán que este prato se converta nun dos vosos preferidos. Imos aló! Continue reading “Espagueti con ameixas / Spaghetti with clams”

Blondies de pistachos e framboesas / Pistachio and raspberries blondies

Blondies de pistachos e framboesas

blondies

O meu polo brownies é pura paixón! Encántame incluso máis facelos que papalos porque sei que teño xente ao meu carón que goza moito deles. 🙂 E os blondies non deixan de ser a versión de chocolate branco dos brownies. Nin máis nin menos. E como é ben sabido que os froitos secos e os froitos vermellos casan moi ben co chocolate branco, aí que van os dous para facerlle compaña a estes saborosísimos blondies. Imos aló! Continue reading “Blondies de pistachos e framboesas / Pistachio and raspberries blondies”