Quesillo canario

Quesillo canario

quesillo canario

Cando me propuxeron facer esta receita, teño que recoñecer que non tiña nin idea dos ingredientes, e mesmo pensei, polo nome, que levaba queixo. Mais non, o nome, segundo lin, seica ven de que a súa textura e pinta pode facer pensar que se trata dun queixo fresco. De sabor, boííísimo e os ingredientes moi sinxelos, xa veredes! Non vos fiedes moito da pinta da da foto, xa vos contarei despois 😉 Imos aló!

Ingredientes:

– 4 ovos ben xeitosos
– 1 bote de leite condensado
– 1 medida do bote de leite condensado, de leite enteiro
– 1 medida de crema
– caramelo caseiro

Preparación paso a paso:

1. Facemos o caramelo e botámolo no molde. Agardamos a que cristalice.

quesillo canario

2. Batemos as claras de ovo ata que fagan un chisco de escuma, mais sen subilas a punto de neve.

quesillo canario

3. Engadimos o resto dos ingredientes e batemos moi ben.

quesillo canario

4. Botamos a mestura no molde, poñémolo sobre outro molde con auga e enfornamos a 200°C durante uns 60 a 90 minutos ou ata que un escarvadentes cravado no centro saia limpo. E listo!

quesillo canario

KUKINOTA IMPORTANTE! Non fagades coma min, e agardade ata que estea ben frío para sacalo do molde. E dígovolo por experiencia propia que, por ansiosa, acabou o quesillo escangallado hihihi. O meu consello é que o deixedes arrefriar ben, incluso que o poñades na neveira durante unhas horiñas.

Polo demais, xa vedes que non ten dificultade ningunha e está boísimo!!! O leite condensado dálle unha textura moi cremosa e un sabor…mmmmmm…de pecado!

______________________________________

Quesillo canario (creme caramel with condensed milk)

quesillo canario

When I was told about this recipe, I didn’t know a thing about the ingredients, and I even thought there was something about cheese on it, and there isn’t! The name (quesillo=little cheese) has nothing to do with cheese, and it comes from the similarity in texture with cottage cheese. The flavour is amazing, sweet, smooth and very special. Easy-to-find ingredients and the easiest preparation EVER. Let’s go!

Ingredients:

– 4 quite big eggs
– 1 can of condensed milk
– 1 can (of condensed milk) of milk
– 1 Can of whipping cream
– homemade caramel

Step by step preparation:

1. Prepare caramel sauce and pour it over the mould.

quesillo canario

2. Whip egg whites but not until they form stiff peaks, just until you see some bubbles on top, as in the picture.

quesillo canario

3. Add the rest of the ingredients and beat really well.

quesillo canario

4. Pour the batter over the caramel sauce, put the mould on top of another with water and bake at 200°C/400ºF for 60-90 minutes or until a toothpick inserted in the middle comes out clean. And that’s it!

quesillo canario

IMPORTANT KUKINOTE! Pleas, dear reader, don’t do like me, wait until completely cold before taking the quesillo out of the mould. I would even recommend you to keep it in the fridge for a few hours. I just couldn’t wait any longer and I did when it was still warm, and it was a bit of a disaster 😉

This dessert has no difficulty at all and it’s absolutely delicious!!! Condensed milk gives it a smooth and soft texture and a better flavour! Enjoy!!!

2 thoughts on “Quesillo canario

  1. Como galego de orixe canaria ¡chapéu! pola receita e gracias, así o fai o meu famila, desgraciadamente aínda non me atrevín a facelo pero visto o visto haberá que animarse. Saudos.

    1. Moitas graciñas Juanvi! Unha honra saber que a túa familia tamén o fai así e che gustou a receita 🙂 Teste que animar a facelo porque é moi sinxelo, e de sabor, como ben saberás, está de vicio 😀

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *