Migas de sémola / Semolina migas

Migas de sémola

migas

Ter un blogue de cociña e ter amigas en distintas partes do mundo fai que unha descubra receitas saborosísimas coma esta. As migas pódense facer de pan ou de sémola, sendo estas últimas máis levadeiras na barriga 😉 Para acompañalas, podemos empregar chourizo, touciño, txistorra…isto xa, a gustos! Eu déixovos aquí esta receita de migas de sémola que está de vicio! Xa veredes!!! Imos aló!

Ingredientes:

– 500 gramos de sémola
– 400 gramos de txistorra
– 2 pementos verdes italianos ou de Arnoia
– 3 allos
– aceite de oliva
– 600 ml de auga
– 1/2 melón

Preparación paso a paso:

1. Fritimos os 3 allos (con ou sen pel) nunhas 10 culleradas de aceite (máis ou menos) 🙂 E retirámolos cando estean douradiños.

migas

2. Neste mesmo aceite, fritimos os pementos verdes cortados en anacos. (O tamaño pode variar)

migas

3. Retiramos os pementos e fritimos a txistorra en anacos.

migas

4. Retiramos a txistorra e apagamos o lume. Agora temos que botar a auga, mais teremos que agardar ata que arrefríe o aceite, senón corremos o risco de queimarnos.

migas

5. Poñemos a auga a ferver e en canto ferva, engadimos a sémola. Remexeremos a lume medio-baixo durante uns 15 minutos, procurando que non queden boliñas de sémola.

migas

6. Despois dos 15 minutos, as migas xa estarán listas, polo que xa podemos botar os pementos e a txistorra. Cortamos o medio melón en anacos e listo!

Para degustar estas migas, só temos que meterlle o dente e irlle engadindo anacos de melón, que lle dá unha frescura ao prato incrible! Non pensedes que as migas son só para o inverno, ao botarlle o melón, será un prato perfecto para o verán.

_____________________________________

Semolina migas

migas

Having a food blog and friends all over the world makes me discover tasty recipes like this one. These migas can be done in many different ways, and either with bread or semolina, the latter being lighter than the former 🙂 To prepare them, we can either use chorizo, txistorra, bacon…whatever you like most! This is the version I’ve been told 😉 Let’s go!

Ingredients:

– 500 gr semolina
– 400 gr txistorra
– 2 Italian green peppers (or from Arnoia)
– 3 garlic cloves
– Olive oil
– 600 ml water
– 1/2 melon

Step by step preparation:

1. Fry garlic cloves (with or without skin) in more or less 10 tbsp olive oil. Take them out when golden brown.

migas

2. In that same oil, fry chopped green peppers. (Size may vary)

migas

3. Take peppers out and fry chopped txistorra.

migas

4. Then, leave txistorra for later. Wait until oil is cold and add water. Don’t add water when oil is hot because you can burn yourself.

migas

5. Bring water to a boil and add semolina. Mix and heat at a medium-low temperature for around 15 minutes, stirring all the time, trying to avoid semolina lumps.

migas

6. After 15 minutes, migas will be ready, so you can add peppers and txistorra. Chop melon and that’s it!

To fully enjoy these migas, add chopped melon while eating them. Besides giving migas an excellent flavour, it will make this dish a fresher one and perfect for summer. Enjoy!!!

2 Comments

  1. kukinnhas,gustame moito esa receita das migas,xa que as comín en Granada e estaban …… pero non tiña de onde sacar a receita tan ben explicada e con fotos como me gustan a mín,así todo ben clariño.Merquei o teu libro,pero topo en falta o libro das receitas que non son doces.Xa sei que é caro facelos pero por falalo que non quede ja,ja,ja.Un saudo moi agarimoso Isabel.

    • De momento aló van as doces, mais non se descarta facer outro de receitas salgadas 🙂 Moitas grazas pola suxestión 😀 As migas están moi boas, sempre, mais esta vez aínda máis, porque a receita é dunha granadina, entón non hai fallo 🙂 Alégrame que che sigan gustando as receitas!!! Unha aperta ben forte

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.