Ferreirúa 2015

Ferreirúa 2015

Cedo un pequeno anaco deste blogue para falar sobre a carreira de A Ferreirúa.

Ferreirúa

Lonxe queda o 10 de maio de 2015, día no que un pequeno grupo de corredores se xuntou para devolver, de forma humilde, todo o agarimo que o pobo de Ferreirúa repartiu durante 25 anos a centos e centos de corredores.

Para levalo a cabo, xuntámonos todos alí, á mesma hora, día e sitio de sempre: segundo domingo de maio ás 11 ao carón do Polideportivo. Eu chegaba tarde, normalmente acostumaba a pernoctar en Monforte toda a fin de semana que participaba na media maratón, mais desta vez, non puiden, e fixen o camiño dende Santiago. E os meus cálculos non foron moi precisos.

Instantes antes de chegar, unha sombra de dúbida comezou a asomar pola miña cabeza, virá alguén? Fun quen de transmitir á xente a importancia de non perder este tipo de eventos?, etc. Todas estas dúbidas desapareceron ao tempo que crucei a pequena ponte onde normalmente está a saída. Alí estaban unhas 15 persoas, ataviadas con todo o que se precisa para participar nunha carreira. Púxoseme a pel de galiña, para que negalo.

Ferreirúa

Marchamos cara o local social mentres agardabamos a que chegaran os demáis corredores. Alí, decidimos que recorreriamos a volta grande e maila pequena do circuito, e José Luis Parada propúxonos realizar a clasificación da carreira seguindo o estilo da carreira do Cravo:

Ferreirúa

Ferreirúa

É dicir, unha clasificación que se marca segundo a orde na que os dorsais son cravados nun tronco cun cravo, nada máis sinxelo e tradicional. Fóra tempos, ritmos, etc… Así, comezamos a correr e pouco a pouco fomos chegando tras rematar ámbalas dúas voltas:

CIMG2889

CIMG2891

CIMG2895

CIMG2897

CIMG2899

CIMG2901

CIMG2902

CIMG2904

Ferreirúa

Ferreirúa

Ferreirúa

Ferreirúa

Ferreirúa

Ferreirúa

Ferreirúa

Ferreirúa

Ferreirúa

Ferreirúa

Ferreirúa

Quedando así a clasificación final:

Ferreirúa

Nese momento chegaron máis veciños deste marabilloso lugar, compartindo con todos nós os momentos de recuperación tras o esforzo:

Ferreirúa

Para rematar a xornada, xuntámonos no local social, onde degustamos unha selección de tortas a cargo de Kukinhas e unhas racións de polbo ás que nos convidaron os veciños de Ferreirúa.

Ferreirúa

Ferreirúa

Ferreirúa

Ferreirúa

Ferreirúa

Para resumir, esta xornada foi perfecta, bo tempo, mellor compañía, unha carreira co único fin de desfrutar, sen presións, boas conversas…

Para rematar, gustaríame agradecer a todos e cada un dos corredores que un domingo pola mañá, nun mes cheo de carreiras, e tendo que coller o coche para vir, fixeron o esforzo e compartiron unha marabillosa xornada con todos nós. MOITAS GRAZAS. E en especial a Pedro, que axudou a recordar a importancia de gozar co deporte.
Tamén agradecer á asociación PRODEME de Monforte de Lemos, por darnos apoio loxístico e habituallamento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *