Quesillo canario

Quesillo canario

quesillo canario

Cando me propuxeron facer esta receita, teño que recoñecer que non tiña nin idea dos ingredientes, e mesmo pensei, polo nome, que levaba queixo. Mais non, o nome, segundo lin, seica ven de que a súa textura e pinta pode facer pensar que se trata dun queixo fresco. De sabor, boííísimo e os ingredientes moi sinxelos, xa veredes! Non vos fiedes moito da pinta da da foto, xa vos contarei despois 😉 Imos aló! Continue reading “Quesillo canario”

Croquetas de cogomelos / Mushrooms croquettes

Croquetas de cogomelos

croquetas

Encántanme as croquetas!!! Ben, xa dixen tantos pratos que me gustan, que case remataba antes dicindo o que non me gusta 😉 O caso é que unha das miñas favoritas son as de cogomelos, o seu sabor é moi intenso e a súa cor inconfundible. Ademais, podedes empregar os vosos cogomelos preferidos. Imos aló! Continue reading “Croquetas de cogomelos / Mushrooms croquettes”

Torta de mel – Medovník – Honey cake

Medovník – Torta de mel

medovník

Cando unha lambona vai de viaxe non pode evitar probar todos aqueles doces que son típicos. Cando fun a Praga xa investigara un chisco sobre lambonadas checas, mais non sempre é doado atopalas. Unha treboada desas que fai historia foi a causante de que esta torta de mel e máis eu tiveramos a sorte de coñecernos 😉 Non é unha sobremesa nin moi sinxela nin moi rápida de facer, mais paga ben a pena adicarlle un chisco de tempo. O máis complexo é o amasado, mais sempre hai algún truquiño que outro para non ter que complicarse de máis 😀 Imos aló! Continue reading “Torta de mel – Medovník – Honey cake”

Migas de sémola / Semolina migas

Migas de sémola

migas

Ter un blogue de cociña e ter amigas en distintas partes do mundo fai que unha descubra receitas saborosísimas coma esta. As migas pódense facer de pan ou de sémola, sendo estas últimas máis levadeiras na barriga 😉 Para acompañalas, podemos empregar chourizo, touciño, txistorra…isto xa, a gustos! Eu déixovos aquí esta receita de migas de sémola que está de vicio! Xa veredes!!! Imos aló! Continue reading “Migas de sémola / Semolina migas”

Ferreirúa 2015

Ferreirúa 2015

Cedo un pequeno anaco deste blogue para falar sobre a carreira de A Ferreirúa.

Ferreirúa

Lonxe queda o 10 de maio de 2015, día no que un pequeno grupo de corredores se xuntou para devolver, de forma humilde, todo o agarimo que o pobo de Ferreirúa repartiu durante 25 anos a centos e centos de corredores. Continue reading “Ferreirúa 2015”