Bavarois

Bavarois

bavarois

Ás veces unha queda sen ideas sobre que sobremesa facer para poñervos polo blogue, mais sempre pode botar man de amizades que saben de lambonadas, e así é como chegou esta receita ás miñas mans. O bavarois é unha sobremesa lixeira, saborosa, sen ter que usar o forno e que se fai moi axiña. Os ingredientes som moi doados de atopar e a súa textura é suave e moi cremosa. O sabor é unha mestura entre flan, natillas e panna cotta. Como vedes, 3 sobremesas nunha 😉 Imos aló!

Ingredientes:

– 500 ml de leite enteiro
– 6 xemas de ovo
– 100 gramos de azucre
– 1 cullerada de esencia de vainilla
– 10 follas de xelatina
– 250 ml crema para montar
– 50 gramos de azucre
– coulis de froitas (opcional) – receitas aquí

Preparación paso a paso:

1. Comezamos hidratando as follas de xelatina. A continuación, mesturamos o leite, as xemas, os 100 gramos de azucre e a cullerada de vainilla e poñemos ao lume ata que espese un pouco. Veremos que xa está lista cando xa se manteña na culler de pau (ou no untensilio que empreguedes).

bavarois

bavarois

2. Engadimos as follas de xelatina hidratadas, mesturamos, deixamos que arrefríe un chisco (que estea tépeda) e escoamos.

3. Batemos a crema xunto co azucre e engadímola á mestura anterior.

bavarois

4. Vertemos todo nuns moldes pequenos ou nun molde grande e deixamos que arrefríe.

bavarois

5. Para desmoldar, só teremos que poñer os moldes nun chisco de auga quente e darlles a volta. Listo!

Para acompañar, podemos facer un coulis de froitas (eu fíxeno de laranxa), botarlle crema batida ou tomalo así, que está boííísimo! Bulide e non tardedes moito esta sobremesa, seguro que se pasará a ser unha das vosas favoritas 😉

___________________________________

Bavarois

bavarois

I sometimes run out of ideas, especially when it comes to preparing desserts, but, this is a perfect excuse for asking people around me for some recipes they know. And this is how this great recipe came to me. Bavarois is a light, tasty, no bake, and quick recipe. Ingredients are veeery easy to find and texture is really smooth. It’s like a mixture of creme caramel, custard and panna cotta, so 3 sweet treats in 1, this is definitely a good one, right? Let’s go!

Ingredients:

– 500 ml whole milk
– 6 egg yolks
– 100 gr sugar
– 1 tbsp vanilla essence
– 10 gelatine leaves
– 250 ml whipping cream
– 50 gr sugar
– berries coulis (optional) – recipes here

Step by step preparation:

1. First, hydrate gelatine leaves in some water. Then, beat whole milk, egg yolks, 100 gr sugar and vanilla and heat all up until it becomes thick. We will know it’s right when we could make a line with our finger along the spoon, as in the pictures.

bavarois

bavarois

2. Add gelatine leaves, mix, allow to cool until warm and strain.

3. Whip cream with sugar and add it to the previous mixture.

bavarois

3. Pour into your favourite moulds. I used these little ones and one big as well. Allow to cool in the fridge.

bavarois

5. To remove bavarois from the mould, just put them over some warm water and it will come out easily. And…that’s it!

I must admit they are delicious just like that, but if you can round up this sweet dessert, prepare some coulis and pour it over it. I did a orange one and mmm…delicious! Wait no more and prepare this extra yummy bavarois and you will never regret it 😉 Enjoy!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *