Croquetas de luras / Squid croquettes

Croquetas de luras na súa tinta

luras

Xa hai tempo que probei estas croquetas nun restaurante e tiña gana de probar a facelas na casa. Non me quedaron tan escuras porque só empreguei a tinta das luras, se queredes que queden máis negras, só tedes que mercar algunha bolsa de tinta extra. O sabor é incrible, a tinta dálles un toque a mar saborosísimo 😀 Imos aló!

Ingredientes para unhas 15:

– 4 ou 5 luras
– a tinta das luras
– 1/2 cebola
– 4 culleradas de fariña
– leite
– sal
– fariña, ovo e pan relado para empanar

Preparación paso a paso:

1. Lavamos as luras e sacámoslles os saquiños das tinta.

luras

2. Cortamos as luras en anaquiños pequenos.

luras

3. Fritímolas xunto con media cebola cortada en anacos pequenos.

luras

4. Engadimos as culleradas de fariña e fritimos para que perda o sabor forte da fariña.

luras

5. Botamos leite ata que espese e a mestura se despegue da tixola con facilidade. Botámola sobre un molde e deixamos que arrefríe.

luras

6. Facemos boliñas e pasámolas pola fariña, o ovo e o pan relado.

luras

luras

luras

7. Fritímolas ata que estean ben douradiñas e listo!

A pinta é ben diferente e de seguro que todo o mundo ficará abraiado ao velas con esa cor 🙂 E aínda máis, cando as proben e vexan o saborosas que son e o toque tan rico e orixinal que lle dá a tinta da lura. Se sodes siareirxs a tope das croquetas, esta receita non ha ser menos, xa veredes! Bo proveito!!!

_______________________________

Squid croquettes

luras

It’s been long since I tried these croquettes in a restaurant for the first time, and since then, I’ve been looking forward to preparing them at home. These are not so dark as I used the ink from the squids I bought, if you want them darkerm, just buy some extra ink. The flavour is amazing and the squid ink gives it a flavourful touch! Let’s go!

Ingredients for around 15:

– 4 or 5 squids
– quids ink
– 1/2 onion
– 4 tbps flour
– milk
– salt
– flour, egg and breadcrumbs for coating

Step by step preparation:

1. Clean squids and take all their ink bags out.

luras

2. Chop squids finely.

luras

3. Fry chopped squids together with finely chopped onion.

luras

4. Add flour and fry for a while, so the croquettes won’t get a floury flavour.

luras

5. Add milk and let it thicken until the mixture is taken easily out of the pan. Pour it over a mould and allow to cool.

luras

6. Form little balls and coat them in flour, beaten egg and breadcrumbs.

luras

luras

luras

7. Fry until golden brown and that’s it!

It looks really good and different and everybody will look amazed when seeing this black croquettes! And as soon as you try them, you’ll definitely fall for them! They taste so good, you won’t stop until finishing all of them! Enjoy!

2 thoughts on “Croquetas de luras / Squid croquettes

  1. Dice Evelia que se ven muy bien tus recetas de cocina. Cuando vengas ella te informará.Vamos a hacerlas entre las dos que parecen muy ricas.gracias kukinhas ,con tus recetas no me da miedo cocinar ja ja ja

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *