Xeado exprés / No-churn ice cream

Xeado exprés

ice cream

Como xa vos contei, esta receita convertirase na vosa receita favorita de xeados en canto coñezades todas as súas vantaxes! Como base, só 2 ingredientes: crema para montar e leite condensado. E nada máis? Non, naaada máis! E iso non é todo, nin precisamos máquina para facer xeados nin ter que estar cada dous por tres pendentes do xeado porque hai que remexelo, nada diso! Mestúrase todo, métese con conxelador e xa está! E queda cremosísimo, saborosísimo, riquísimo, suavísimo…ñaaam! En serio, tedes que probar porque está de vicio! Con esta receita, nunca máis diremos que facer xeado na casa é moi difícil. Aquí contareivos tamén dúas das receitas que probei eu, todas moi doadas tamén: xeado de froitos vermellos e xeado de mango. Imos aló!

Ingredientes para a base de xeado:

– 500 ml de crema para montar
– 370 gramos de leite condensado (un bote pequeno, dos de sempre)
– 1 culleradiña de vainilla (opcional)

Para o xeado de froitos vermellos:

– 125 gramos de arandos
– 125 gramos de framboesas
– 125 gramos de amorodos
– auga
– azucre

Para o xeado de mango:

– 2 mangos

Preparación paso a paso:

1. Batemos a crema (sen azucre) coa batedora de variñas ou cun robot de cociña ata que estea a punto de neve.

ice cream

2. Engadimos o leite condensado e batemos de novo ata que estea todo ben mesturado e se volva ben espeso de novo.

ice cream

Base lista! Se queredes que teña un toque de vainilla, podedes engadir unha cullerada de esencia de vainilla, mais así xa estaría ben rico.

ice cream

E agora…imaxinación ao poder! Podedes probar con tódolos ingredientes que se vos ocorran, chocolate desfeito, lacasitos, galletas, froitas… e se o queredes facer de caramelo é tan sinxelo como cambiar o leite condensado por doce de leite. En fin, milleiros de combinación posibles, e todas riquísimas e cremosísimas.

Aí van as miñas dúas primeiras receitas.

Xeado de froitos vermellos:

1. Nunha potiña, botamos as framboesas cortadas en anacos cun chisco de auga. Poñémolo a ferver ata que a auga xa colla unha lixeira cor vermella, engadimos dúas culleradas de azucre e deixamos que ferva ata que semella un xarope. Faremos así cos arandos e cos amorodos.

ice cream

ice cream

ice cream

2. Cando xa teñamos os froitos preparados, botamos a metade da base de xeado e mesturamos cos xaropes, facendo movementos circulares.

ice cream

ice cream

ice cream

E xa está! Metemos o xeado no conxelador durante a lo menos 10 horas. Cando o vaiamos tomar, só temos que sacalo, agardar uns minutiños e xa estará listo. Deixovos un vídeo para que vexades o ben que sae e o cremoso que está.
Xeado de mango hiper cremoseiro!

Xeado de mango:

1. Facemos un puré batindo a polpa do mango e engadímolo á outra metade da base de xeado, de novo facendo movementos circulares para que queden anaquiños de puré de mango no xeado, que sempre queda delicioso 😀

ice cream

ice cream

E listo! Xa vedes que a receita é moi, moi, moi sinxela! De seguro que irei probando con máis ingredientes e ensinándovos o resultado. Se probades, que agardo que si, contádeme as vosas probas, que así aprendemos lambonadas entre todos 😉 Bo proveito!

____________________________________________

No-churn ice cream

ice cream

As soon as you read it, this recipe is going to become your favourite ice cream recipe ever! To preapre this ice cream base, we just need two ingredients, whipping cream and condensed milk. Is that all? Yes, it is. Just these two ingredients, which you can find in every store you know. And the best thing (if this wasn’t enough) is that you do not need to be taking the ice cream in and out and churning it from time to time, just mix all ingredients, freeze it and ice cream ready! And it really is creamy, smooth, soft, tasty, delicious…yum! When you try this recipe, you will no longer say it’s difficult to prepare homemade ice cream! I have already tried it with berries and mangoes, and it’s absolutely yummy! Let’s go!

Ingredients for the ice cream base:

– 500 ml whipping cream
– 370 gr (1 can) condensed milk
– 1 tsp vanilla essence

For the berries ice cream:

– 125 gr blueberries
– 125 gr raspberries
– 125 gr strawberries
– water
– sugar

For mango ice cream:

– 2 mangoes

Step by step preparation:

1. Whip cream until it form stiff peaks. You can use a kitchen robot, it’ll be even quicker.

ice cream

2. Add condensed milk and whip again until thick and well mixed.

ice cream

And the ice cream base is ready! If you want it to have a vanilla flavour, add a tsp of vanilla essence, but it’s not necessary.

ice cream

And now…use your imagination! You can try with any ingredient you most like, melted chocolate, M&Ms, cookies, fruits…and if you want to make a caramel one, just switch the condensed milk and use dulce de leche, as simple as it sounds! All combinations will be delicious and this ice cream will always be smooth, soft and creamy.

And these are my 2 first recipes.

Berries ice cream:

1. In a pan, add chopped raspberries with some water. Bring it to a boil and when the water gets a red colour, add 2 tsp sugar and let boil until it gets a syrup texture. Repeat these steps with blueberries and strawberries.

ice cream

ice cream

ice cream

2. When berries are ready, spread half the ice cream base in a tub, add the berries syrups and swirl with a spoon.

ice cream

ice cream

ice cream

That’s it! Freeze this mixture for around 10 hours. When we feel like having some ice cream, just take it out, wait some minutes and it will come out easily. This is a little video to show you how creamy it is.

Super creamy mango ice cream

Mangoes ice cream:

1. Make a mango purée by processing the mangoes and then add it to a base, again, swirling it, so we can find some purée when eating the ice cream 😉

ice cream

ice cream

That’s all folks! This recipe is very, very, very simple! I will be trying many more ingredients, and showing you the result, so if you try (I know you will) I hope you show me yours and we will learn from each other 😉 Enjoy!

2 Comments

  1. Que pasada! Grazas pola receita 😉

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.