Canelóns de cabaciña / Zucchini cannelloni

Canelóns de cabaciña

cabaciña

Chega o verán e o bo tempo e a horta énchese de cabaciñas, e cando chegan, veñen todas á vez e medran que dá gusto, así que toca discurrir receitas con elas. A min a verdade é que me gustan de moitas maneiras, recheas, como pizziñas, en carpaccio, en crema, ou como canelóns! Esta receita é moi rápida e sinxela e ademais pode adaptarse a moitísimas dietas: vexetarianos, veganos, paleo, carnívoros…todos! Só teredes que cambiar o recheo e xa está! Sinxelo, verdade? Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 1 ou 2 cabaciñas
– 400 gramos de carne de tenreira e/ou porco picada
– 100 gramos de cogomelos
– ourego ou outras especias
– prebe de tomate ou tomate natural relado
– queixo relado

Utensilios: un pelador ou unha mandolina

Preparación paso a paso:

1. Fritimos a carne picada xunto cos cogomelos e cando xa estean a punto, engadimos o prebe de tomato e un chisco de ourego.

cabaciña

2. Por outra banda, cun pelador ou cunha mandolina, iremos cortando tiras de cabaciña. Se as facedes co pelador, teredes que facelo cun chisco de forza para que saian máis gordiñas. Poñemos tres tiras de cabaciño, procurando que queden unhas por riba das outras, para que peche ben o canelón.

cabaciña

3. Poñemos unha ou dúas culleradas de recheo.

cabaciña

4. E enrolamos como formando un canelón.

cabaciña

5. Poñémolos sobre unha base de prebe de tomate e botamos máis tomate por riba e queixo relado.

cabaciña

cabaciña

6. Enfornamos a 180ºC ata que o queixo quede ben desfeito e os canelóns fervan por baixo. E listo!

cabaciña

O certo é que estes canelóns resultan moi lixeiros, saudabels e saborosos e o recheo pode variar segundo o que máis vos guste. Xa veredes como se os probades, repetides! E se sodes siareirxs da bechamel, seguro que tamén lle queda de medo. Bo proveito!

_________________________________________________

Zucchini cannelloni

cabaciña

Along summer time, zucchinis began to grow all over the garden and, as soon as they start to grow, they do it all at once! Zucchinis are one of my favourite veggies and I love preparing different recipes with them: stuffed, as mini pizzas, in a carpaccio, soup or even as cannelloni. This recipe is simple, quick and very adaptable to any diet you might be following, vegan, vegetarian, paleo….all of them! Just change the filling and that’s it! Easy, right? Let’s go!

Ingredients for 2:

– 1 or 2 zucchinis
– 400 gr minced meat
– 100 gr mushrooms
– oregano or any other spices
– grated tomato or tomato sauce
– grated cheese

Utensils: a peeler or a mandoline slicer

Step by step preparation:

1. Fry minced meat and chopped mushrooms, and when almost ready, add tomato sauce and fry some more. You can add now some oregano or any other spices you like.

cabaciña

2. On the other hand, cut zucchinis with a peeler or a mandoline slicer. If you use a peeler, you will have to press it a little bit harder so the slices will be thicker. Put three zucchini slices over a surface, trying to keep every slice edge over the next one, so the cannelloni will close easily.

cabaciña

3. Add 1 or 3 tablespoons of the filling.

cabaciña

4. And roll as forming cannelloni.

cabaciña

5. Put it over a baking mould with some tomate sauce, add some more sauce and grated cheese on top.

cabaciña

cabaciña

6. Bake at 180ºC/350ºF or until cheese is melted and tomato sauce boils at the bottom. And that’s it!

cabaciña

These cannelloni are incredibly tasty, healthy and not so heavier as the noodle ones. The filling may vary according to what you most like. I’m sure if you try them, you will repeat for sure! And if you are white sauce fans, it will be as delicious! Enjoy!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *