Xeado de prátano exprés / Frozen bananas

Xeado de prátano exprés

frozen bananas

Xa levaba tempo vendo en moitos blogues esta receita taaan sinxela, mais non me atrevía a facela porque non sabía moi ben como sabería. O caso é que a única maneira de sabelo era probando. O bo que ten é que se fai moi axiña, é perfecta para que a cativaxe coma froita e, ademais, como é tan doada, poden botar unha man a facelos. E si, están boísimos!!! Con dicirvos que os fixen onte pola mañán, xa non queda ningún e hoxe vounos volver facer, xa vos digo todo, non si? Imos aló!

Ingredientes para 4 xeados:

– 2 prátanos de Canarias
– chocolate con leite (eu usei o extrafino)
– chocolate branco con colorante vermello
– aceite de xirasol
– pauciños para xeados ou brochetas

*Estes foron os chocolates que empreguei desta vez, mais estará de medo con calquera chocolate, a cuestión é ir probando 😉

Preparación paso a paso:

1. Comezamos cortando os prátanos á metade (podemos tamén sacarlle a punta para que queden máis bonitiños) e cravamos cada metade nun pauciño, sen que a punta chegue ao outro lado do prátano. Conxelamos mentres imos co chocolate.

frozen bananas

2. Derretemos o chocolate (no microondas en función desconxelar acábase decontado). Xa sabedes que se queda moi espeso, podemos engadir unha culleradiña de aceite de xirasol.

3. Sacamos os prátanos do conxelador e mollámolos no chocolate. Ao estar o chocolate quente e o prátano moi frío, o chocolate poñerase duro nun plis e así, quedará moi lisiño.

frozen bananas

frozen bananas

4. Decoramos con chocolate, froitos secos, caramelo…o que queirades! E volvemos conxelar durante un par de horiñas. E listo!

frozen bananas

O mellor do prátano é que, aínda estando conxelado, ten unha textura moi suave, xa veredes! Bulide e probade, que seguro que acabades repetindo unha e outra vez! Bo proveito!!!

_____________________________________________

Frozen bananas with chocolate

frozen bananas

It’s been long since I saw frozen bananas recipes in almost every single food blog, but as I wasn’t quite sure about its flavour, I never tried. However, after these so hot sunny days, I needed something cold and quick, and I decided to give them a try. Kids will love both the process and the flavour. BTW, they’re delicious!!! I wish I had prepared them before! Let’s go!

Ingredients for 4:

– 2 bananas (Canary islands)
– milky chocolate
– white chocolate with some red food colouring
– vegetable oil
– popsicle sticks

*These are the chocolates I used, but you can try any other flavour you like. I will be trying different ones for sure 😉

Step by step preparation:

1. First, cut each banana in half (you can cut the tip as well to make them look cuter), stick each half without getting to the top and freeze while preparing the chocolate.

frozen bananas

2. Melt chocolate (defrost option in the microwave is much faster). If you feel it’s too thick, add some vegetable oil.

3. Take bananas out of the freezer and dip them in the chocolate. As chocolate is warm and bananas quite cold, chocolate will harden in a bit and so it will be very smooth.

frozen bananas

frozen bananas

4. Decorate with pink chocolate, nuts, caramel..whatever! Freeze for a couple of hours and that’s it!

frozen bananas

The texture of bananas, despite being frozen, is quite soft and smooth. Lose no time and try these delicious frozen bananas and you’ll have healthy ice-creams in a bit 😉 Enjoy!!!

4 thoughts on “Xeado de prátano exprés / Frozen bananas

  1. Ás veces temos plátanos demasiado maduros e non sabemos que facer,grazas a kukinhas xa temos un xeado xinxelo e nutritivo;que o poden facer os cativos que tanto lles gusta axudar ás mamás. Grazas unha vez máis. Bicos doces e fríos.

    1. Pois non o pensara eu, mais é moi boa idea para aproveitar os prátanos maduros, tes toda a razón! E os pícaros, con tal de probar o chocolate, apúntanse a axudar seguro 😉 Grazas polo comentario e as boas ideas! Apertas!

    1. Ola! Pois xa me contarás que tal 😉 Os pauciños estes merqueinos en Madrid, de casualidade que os vin nunha tendiña nun pequeno centro comercial e non os volvín ver 🙁 Unha mágoa non saber onde os hai por aquí, porque son moi chulos 🙂 Seguro que a receita che sae xenial, mantenme informada 😀

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *