Lasaña vexetariana / Vegetarian lasagna

Lasaña vexetariana

Lasaña vexetariana

Da outra vez que merquei seitán para esta receita, sobroume a metade; e como lin que se podía conxelar, conxeleino ata hoxe, que decidín facer unha lasaña vexetariana. A lasaña está boísima sempre, tanto ten os ingredientes que se empreguen, así que esta non vai ser menos. Está para relamber os dedos, o garfo, o prato…todo! Imos aló!

Ingredientes para 2 lasañas:

– 100 gramos de seitán
– 1/2 pemento vermello
– 1/2 pemento verde
– 60 gramos de champiñóns
– 4 chalotas
– prebe de tomate
– ourego e pementa
– 8 pastas para lasaña (se a queredes facer caseira, seguide esta receita)
– manteiga, fariña e leite para a bechamel
– mozzarella relada

Preparación paso a paso:

1. Cortamos en anacos o seitán, os pementos, os champiñóns e as chalotas e fritimos. Salgamos.

lasaña vexetariana

2. Engadimos o prebe de tomate e o ourego.

lasaña vexetariana

3. Por outra banda, prepararemos a bechamel. Derretemos uns 40 gramos de manteiga, engadimos a fariña e fritímola durante un tempo, coidando que non se queime, para que non saiba moito a fariña. Iremos engadindo leite pouco a pouco ata que a bechamel teña a textura desexada. Salgamos e botamos pementa.

4. Nun molde, botamos prebe de tomate, colocamos a primeira masa de lasaña e botamos un pouco da mestura de seitán. Poñemos outra masa de lasaña, e así ata facer 3 capas.

lasaña vexetariana

lasaña vexetariana

5. Botamos a bechamel por riba e esparexemos a mozzarella relada.

lasaña vexetariana

6. Enfornamos a 180ºC durante uns 15 minutos ou ata que ferva e o queixo comece a dourarse. E listo!

lasaña vexetariana

Xa temos a nosa lasaña vexetariana lista para tomar! Ademáis de ser saudable, sinxela e rápida de facer, o seu sabor é fabuloso! E se non vos gusta o seitán ou non o atopades, podedes facela con carne ou simplemente coas verduriñas. Estou segura de que estará igual de saborosa.

___________________________________________________________

Vegetarian lasagna

Lasaña vexetariana

When I used seitan in this recipe, I had some extra which I did not use. After surfing for a while on the net, I found out seitan could be freezed, so it had been waiting in the freezer until today, the day in which I’ve decided to prepare this vegetarian lasagna. If you are a lasagna fan, as I am, you’ll already know lasagna is aaalways tasty, so this will be no different! Let’s go!

Ingredients for 2 lasagnas:

– 100 gr seitan
– 1/2 red bell pepper
– 1/2 green bell pepper
– 60 gr mushrooms
– 4 shallots
– tomato sauce
– oregano and black pepper
– 8 lasagna noodles (if you want it homemade, follow this recipe)
– butter, flour and milk for the white sauce
– grated mozzarella

Step by step preparation:

1. Chop seitan, peppers, mushroooms and shallots. Fry them and salt.

lasaña vexetariana

2. Add tomato sauce, oregano and keep on frying at a medium-low temperature.

lasaña vexetariana

3. On the other hand, prepare the white sauce. Melt around 40 grams of butter, add the flour and fry for a while to hide the flour flavour in the white sauce (don’t let it burn). Then, add milk bit by bit, mixing until you get the desired texture. Salt and add some black pepper.

4. In a mould, spread some tomato sauce and place the first lasagna noodle, add some seitan mixture and cover it with another lasagna noodle. We will repeat this step until we have 4 lasagna noodles in each lasagna.

lasaña vexetariana

lasaña vexetariana

5. Pour the white sauce over the two lasagnas and spread sprinkle the grated mozzarella.

lasaña vexetariana

6. Bake at 180ºC/375ºF for 15 minutes or until the white sauce boils and the cheese starts to get a golden brown colour. And that’s it!

lasaña vexetariana

And our vegetarian lasagna is ready to eat! Apart from being healthy, easy and quick, its flavour is amazing! And if you are not fond of seitan or you cannot find it, you can always use meat or just the veggies you like. I’m sure it will be as delicious!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *