Bavarois

Bavarois

bavarois

Ás veces unha queda sen ideas sobre que sobremesa facer para poñervos polo blogue, mais sempre pode botar man de amizades que saben de lambonadas, e así é como chegou esta receita ás miñas mans. O bavarois é unha sobremesa lixeira, saborosa, sen ter que usar o forno e que se fai moi axiña. Os ingredientes som moi doados de atopar e a súa textura é suave e moi cremosa. O sabor é unha mestura entre flan, natillas e panna cotta. Como vedes, 3 sobremesas nunha 😉 Imos aló! Continue reading “Bavarois”

Croquetas de luras / Squid croquettes

Croquetas de luras na súa tinta

luras

Xa hai tempo que probei estas croquetas nun restaurante e tiña gana de probar a facelas na casa. Non me quedaron tan escuras porque só empreguei a tinta das luras, se queredes que queden máis negras, só tedes que mercar algunha bolsa de tinta extra. O sabor é incrible, a tinta dálles un toque a mar saborosísimo 😀 Imos aló! Continue reading “Croquetas de luras / Squid croquettes”

Receitas de ensaladas / Salad recipes

Receitas de ensaladas

IMG-20150629-WA0001_1435574722855

Encántanme as ensaladas!!! Son moi sinxelas, casi se lles pode botar de todo, son frescas, non hai que enredar moito na cociña, son saudábels e están boísimas! Como fun facendo xa varias ensaladas, que tamén puxen no facebook, decidín poñelas todas nunha entrada porque así sempre lles podedes botar un ollo cando precisedes ideas 😉 E así, eu tampouco me esquezo de como as fixen xD Imos aló! Continue reading “Receitas de ensaladas / Salad recipes”

Pisto con ovo / Ratatouille with egg

Pisto con ovo

pisto

E outra receita desas saudábels que tanto nos gustan e que veñen moi ben para os días de verán, pois se fan moi axiña e os ingredientes están no seu punto óptimo. A min como máis me gusta o pisto é cun ovo fritido, o sabor da xema quédalle de vicio. Imos aló! Continue reading “Pisto con ovo / Ratatouille with egg”

Xeado exprés / No-churn ice cream

Xeado exprés

ice cream

Como xa vos contei, esta receita convertirase na vosa receita favorita de xeados en canto coñezades todas as súas vantaxes! Como base, só 2 ingredientes: crema para montar e leite condensado. E nada máis? Non, naaada máis! E iso non é todo, nin precisamos máquina para facer xeados nin ter que estar cada dous por tres pendentes do xeado porque hai que remexelo, nada diso! Mestúrase todo, métese con conxelador e xa está! E queda cremosísimo, saborosísimo, riquísimo, suavísimo…ñaaam! En serio, tedes que probar porque está de vicio! Con esta receita, nunca máis diremos que facer xeado na casa é moi difícil. Aquí contareivos tamén dúas das receitas que probei eu, todas moi doadas tamén: xeado de froitos vermellos e xeado de mango. Imos aló! Continue reading “Xeado exprés / No-churn ice cream”

Canelóns de cabaciña / Zucchini cannelloni

Canelóns de cabaciña

cabaciña

Chega o verán e o bo tempo e a horta énchese de cabaciñas, e cando chegan, veñen todas á vez e medran que dá gusto, así que toca discurrir receitas con elas. A min a verdade é que me gustan de moitas maneiras, recheas, como pizziñas, en carpaccio, en crema, ou como canelóns! Esta receita é moi rápida e sinxela e ademais pode adaptarse a moitísimas dietas: vexetarianos, veganos, paleo, carnívoros…todos! Só teredes que cambiar o recheo e xa está! Sinxelo, verdade? Imos aló! Continue reading “Canelóns de cabaciña / Zucchini cannelloni”