Salmorejo

Salmorejo

salmorejo

Esta receita é taaan sinxela, rapida e fresquiña que non pararedes de facela en todo o verán 🙂 E por se fora o pouco, co acompañamento de xamón serrano e ovo cocido aínda está máis rico 😛 En só 3 pasos, teremos un salmorejo para relamber os dedos, xa veredes que doado! E aínda por riba, serve para aproveitar o pan duro! Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas*:

– 800 gramos de tomates (uns 6 tomates)
– 140 gramos de pan duro
– 120 ml de aceite de oliva virxe extra
– 1/2 allo
– sal
– vinagre (opcional)
– 1 ovo cocido
– xamón serrano

*Estas cantidades son orientativas, o mellor é que vaiades probando e fagades a vosa propia versión, dependendo dos ingredientes que máis vos gusten 😉

Preparación paso a paso:

1. Comezamos triturando os tomates, con pel e pebidas, e despois pasámolo todo polo pasapuré ou coadoiro. Poñemos este zume de tomate enriba do pan duro ata que se enchoupe ben e abrande.

salmorejo

2. Unha vez o pan xa estea brandiño, mesturámolo co resto dos ingredientes e batemos ata que estea todo ben mesturado. Se vemos que queda moi espeso, podemos engadir un chisco de auga.

salmorejo

3. Probamos a ver se xa está no seu punto, tapámolo e poñémolo a arrefriar na neveira. Cando xa estea ben frío, decoramos con ovo cocido e xamón picado. E listo!

salmorejo

Ñaaaaaam! Boa pinta, non si? A poñerse coas mans na batedora e en só 5 minutiños teredes un salmorejo delicioso!!! Bo proveito!

_______________________________________

Salmorejo

salmorejo

This recipe is so easy, quick and fresh that you’ll be preparing it for the whole summer 🙂 Besides, if this dish is not good enough on its own, with some chopped ham and some chopped boiled egg, it’s even tastier! And if you have stale bread around, even better! Let’s go!

Ingredients for 2*:

– 800 gr tomatoes (around 6 tomatoes)
– 140 gr stale bread
– 120 ml extra virgin olive oil
– 1/2 garlic
– salt
– vinegar (optional)
– 1 boiled egg
– ham

Step by step preparation:

1. Process tomatoes and then strain them. Use this tomato juice to soak stale bread for a while, until bread is soft.

salmorejo

2. Then, process bread with the rest of the ingredients until all well integrated. If you see this mixture is too thick, add some water.

salmorejo

3. Try some to see if it needs some more salt, garlic or vinegar, cover it with tin foil and allow to cool in the fridge. When cold, top it with egg and ham. And that’s it!

salmorejo

Yummy! Looks good, right? In just 5 minutes, you can have this delicious salmorejo ready! Enjoy it!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *