Mochi de té verde / Matcha mochi

Mochi de té verde matcha

mochi

Si, xa o sei, outra receita oriental, non teño remedio. Os mochis son unha das miñas sobremesas xaponesas preferidas xunto cos Dorayakis. 😛 Os mochis fanse con arroz glutinoso (que non quere dicir que teña glute, senón que é máis doce), auga e azucre. A maneira máis tradicional de facelos é na vaporeira de bambú, mais quixen facelos no microondas para que fora máis doado para todos. O recheo depende de vós, do que máis vos guste: pasta de xudías rechea de amorodo, xeado, chocolate…ou té verde matcha! Que rico está!!! Non vos explico máis e imos ao choio! O mochi de te verde está boísimo!!!

Ingredientes* para uns 10 mochis:

– 250 gramos de fariña de arroz glutinoso
– 300 ml de auga fría
– 100 gramos de azucre
– fariña de millo (maizena)

*Receita do mestre pasteleiro Ochiai (ten unha pastelaría en Barcelona cunhas lambonadas xaponesas de perder o siso! Déixovos a dirección, por se vos queredes pasar 😉 Carrer del Comte d’Urgell, 110)

Ingredientes para o recheo:

– 200 ml de crema para montar
– 50 gramos de azucre
– 80 gramos de té verde matcha (doce)

Preparación paso a paso:

1. Batemos tódolos ingredientes para o recheo ata que a crema estea ben firme. Conxelamos a mestura. Eu fíxeno en mini moldes, mais non é preciso. O xeado queda moi cremoso e sae ben a culleradas.

mochi

mochi

2. Mesturamos tódolos ingredientes para o mochi nun bol, tapámolo cun prástico transparente e quentámolo nun microondas durante un minuto e medio. Sacámolo, remexemos ben e poñémolo outro minuto e medio. Veremos que se vai poñendo como unha masa pegañenta. Se vemos que aínda queda algo líquido, poñemos o bol medio minutiño máis. Para saber se a textura é a correcta, terá que ser semellante ao lóbulo da orella 😉

mochi

mochi

3. Deixamos que a masa arrefríe.

mochi

4. Poñemos a masa sobre unha superficie enfariñada con fariña de millo, estiramos co rolo de amasar e sacamos boliñas duns 50-60 gramos.

mochi

5. Coas mans enfariñadas, aplanamos cada bola, poñemos unha cullerada de recheo (ben conxelado para que se poida pechar o mochi) e pechamos o mochi xuntando as beiras e beliscando a masa para que peche ben.

mochi

mochi

5. Dámoslle a volta e dámoslle a forma redonda. E listo!

mochi

Os días de calor o mellor é deixalos no conxelador envoltos en prástico transparente. Despois, só teremos que sacar os mochis uns minutiños antes e xa estarán listos para pegarlles unha boa trabada! Se preferides que o recheo non estea conxelado, pódense deixar na neveira, tamén envoltos en prástico, pois é unha masa que tende a secarse. A receita faise moi axiña, o máis complicado pode ser atopar o arroz glutinoso ou o té verde, mais en tendas de productos orientales ou tendas online atópanse con moita facilidade.
Como vos dixen, os recheos poden variar moito, mais con calquera xeado estarán saborosísimos! Ide con tino á hora de comelos porque a masa é bastante pegañenta 😉

Bo proveito!

____________________________________________________________

Matcha mochi

mochi

I love mochis! They’re one of my favourite desserts together with Dorayakis. They’re made with glutinous rice flour (it does not mean it has gluten, it’s a sweet type of rice), water and sugar. The traditional way is steaming the dough with a bamboo steamer, I was going to do it like this, but then I made up my mind and did them in the microwave so everybody can do them as well. The filling may vary, but as summer is here, I’ve decided to make a matcha ice-cream version. The fact that I love matcha tea flavour has a lot to do as well 😉 Let’s go!

Ingredients* for 10 mochis:

– 250 gr glutinous rice flour
– 300 ml cold water
– 100 gr sugar
– cornstarch

*This recipe is one from Ochiai, a Japanese pastry chef who has a shop in Barcelona and the sweet treats he sells there are amazing! This is its address: Carrer del Comte d’Urgell, 110

Ingredients for the filling:

– 200 ml whipping cream
– 50 gr sugar
– 80 gr matcha tea (sweet)

Step by step preparation:

1. Whip all filling ingredients until really firm. Freeze the mixture. I did it in these little moulds, but you don’t need to, the ice cream will be veeery soft and it will be very easy to scoop.

mochi

mochi

2. Mix all mochi ingredients in a bowl, cover with some plastic wrap and heat it up in the microwave for 1 minute and a half. Then, stir for a while and heat for another minute and a half. The dough will be very sticky. If it’s a bit too liquid, heat it up for 30 seconds more. To know if the texture is the right one, it must be similar to the earlobe 😉

mochi

mochi

3. Allow the dough to cool.

mochi

4. Place dough over a floured surface (with cornstarch), roll with the pin and form balls of around 50-60 grams each.

mochi

5. Spread some cornstarch on your hands, smash each ball, put a spoon of matcha ice-cream over it, close the mochi by bringing all sides together and pinching the dough until completely closed.

mochi

mochi

5. Give the mochi a ball form and that’s it!

mochi

On sunny and hot days, the best way to keep mochis is in the freezer, wrapped in plastic wrap. Then, just take it out some minutes before eating them and they’ll be cold and ready! And if you like them smmooth, leave them in the fridge, wrapped as well, ‘cause this is a dough which becomes dry very easily. This recipe os very easy, quick and delicious and you can fill them with whatever ice-cream you love!
When eating mochis, go step by step as the dough is quite sticky! 😉

Enjoy it!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *