Torta real / Royal cake

Torta real

torta real

Torta real é o nome co que se lle chamaba antigamente á torta de améndoa que agora coñecemos como torta de Santiago. É unha torta moi sinxela con só 4 ingredientes, ou ben 3, se non lle botades un chisco de augardente, mais recoméndovolo moito, pois dálle un toque moi orixinal 🙂 Ademais, como non leva fariña de ningún tipo, é apta para celíacos. Imos aló!

Ingredientes:

– 250 gramos de améndoa crua e sen pel
– 230 gramos de azucre
– 4 ovos
– 1 culleradiña de augardente

Molde de 24 cm forrado con papel de aluminio e manteiga.

Preparación paso a paso:

1. Picamos as améndoas ata que estean ben finiñas, coma se fose pan relado.

torta real

2. Por outra banda, batemos os ovos e o azucre.

torta real

3. Mesturamos todo e engadimos a culleradiña de augardente. (Quédalle xenial!)

torta real

4. Botamos a masa no molde e enfornamos a 180ºC (co forno xa quente) durante uns 35-40 minutos. [Kukiconsello: Se vedes que por riba se está a torrar de máis, podedes poñerlle un anaco de papel de aluminio para que se nos faga ben por baixo e non se torre por riba.]

torta real

E listo!

É importante deixar que a torta arrefríe completamente antes de desmoldala, pois é unha torta delicada e se a sacamos antes de tempo do molde, pode romper. Para decorar, podemos botar un chisco de azucre en po por riba. Está moi boa, é súper doada, rápida e saudable 😀 Bo proveito!

___________________________________________________

Royal cake

torta real

Royal cake was the name old given to the almond cake we now know by the name of Saint James’ cake (Torta de Santiago). It’s a very easy cake, with just 4 ingredientes, or 3 if you won’t e using Galician augardente, but it’s something I highly recommend because it gives a special flavour to the cake. Besides, as it has no flours in it, it’s gluten free. Let’s go!

Ingredients:

– 250 gr raw peeled almond
– 230 gr caster sugar
– 4 eggs

Mould: 20 cm with tin foil and butter.

Step by step preparation:

1. Process almonds in a food processor until finely crumbled.

torta real

2. On the other hand, beat sugar and eggs.

torta real

3. Mix almonds with eggs and sugar and add the tsp of augardente. (It gives a lovely flavour!)

torta real

4. Pour the mixture into the mould and and bake at 180ºC/356ºF for 35-40 minutes. [Kukitip: If you see it’s getting too brown on top, put some tin foil over it and let it bake some more, as it needs a little bit more time on the bottom.]

torta real

And that’s it!

It’s important to let the cake cool before taking it out of the mould. To decorate it, just sprinkle some powdered sugar on top. It’s delicious, simple, quick and healthy, what else do we need? Enjoy it!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *