Pasteis galeses
Estes pasteliños galeses son moi sinxelos e rápidos de facer. Se vos gustan os scones, estes pasteis tamén vos han gustar, de feito, tamén son coñecidos como griddle scones, é dicir, scones á prancha. Ao non ter que usar o forno, é unha receita perfecta para días de calor 😉 Ao contrario que os scones, estes non acostuman a ir recheos, mais un chisco de manteiga e azucre quédalle de medo. Aínda que a receita tradicional leva arandos ou pasas, esta versión con anaquiños de chocolate está saborosísima! Imos aló!
Ingredientes:
– 350 gramos de fariña
– 20 gramos de fermento químico
– 175 gramos de manteiga
– 100 gramos de azucre
– 75 gramos de pingas de chocolate ou chocolate en anacos
– un chisco de sal
– 1 chisco de xenxibre en po (canela, cardamomo…)
– 1 ovo
– 30 ml de leite
Preparación paso a paso:
1. Comezamos mesturando os ingredientes secos, a manteiga e o chocolate ata que teña unha consistencia como de area mollada.
2. Engadimos o ovo batido e o leite e amasamos ata formar unha boliña.
3. Co rolo de amasar, imos aplanando a masa ata que teña uns 6 mm de ancho (máis ou menos un dedo de ancho) e cortámola en círculos cun cortador de galletas ou cun vaso.
4. Poñemos a quentar (a lume medio) unha tixola ou prancha cun chisco de aceite, e cando estea quente, imos poñendo os pasteis. Deixamos que se fagan uns 3 minutos por cada lado a lume baixo (nunha cociña de inducción do 1 ao 9, o ideal sería un 4 ou 4,5).
5. En canto estean douradiños polos dous lados, sacámolos do lume e deixamos que repousen sobre a grella ata que estean mornos ou fríos.
Esparexemos un chisco de azucre por riba e listo! Con manteiga están boísimos, ou mollados no leite, no café ou no té. E xa vedes que non leva tempo ningún facelos e os ingredientes son moi sinxelos de atopar 😀 Animádevos a preparalos e xa veredes como vos encantan!
________________________________________________
Welsh cakes
These Welsh cakes are very simple and quick to make. If you like scones, you’re going to love these cakes as well, in fact, they’re also known as griddle scones. As we do not have to use the oven, these cakes are perfect for sunny and hot days 😉 Unlike scones, they are not usually stuffed, however they’re delicious with some butter and sugar on top. Traditional Welsh cakes are made with currants or raisins, but this version with chocolate chips is absolutely greedy and delicious! 😉 Let’s go!
Ingredients:
– 350 gr flour
– 20 gr aking powder
– 175 gr butter
– 100 gr sugar
– 75 gr chocolate chips or finely chopped chocolate
– a pinch of salt
– a pinch of ground giner (cinnamon, cardamom…)
– 1 egg
– 30 ml milk
Step by step preparation:
1. Mix all dry ingredients, butter and choc chips until having a crumble texture.
2. Add beaten egg and milk and knead until forming a dough ball.
3. With the rolling pin, flatten the dough until 6 mm or 1/4in wide. Cut in circles with a cookie cutter or a glass.
4. Heat a frying pan or a griddle at a medium heat and spray some oil. When hot, place the cakes and let them cook for 3 minutes each side at a low heat (in an induction stove which goes from 1 to 9, a 4 or a 4.5 would be perfect).
5. As soon as they’re golden on both sides, let them cool over a wire rack until completely cold or warm.
Sprinkle some caster sugar and that’s it! These cakes are delicious and you can add some butter or soak them in coffee, tea or milk. A very quick and simple recipe with basic ingredients. If you prepare them, you will repeat once and again!