Salmorejo

Salmorejo

salmorejo

Esta receita é taaan sinxela, rapida e fresquiña que non pararedes de facela en todo o verán 🙂 E por se fora o pouco, co acompañamento de xamón serrano e ovo cocido aínda está máis rico 😛 En só 3 pasos, teremos un salmorejo para relamber os dedos, xa veredes que doado! E aínda por riba, serve para aproveitar o pan duro! Imos aló! Continue reading “Salmorejo”

Mochi de té verde / Matcha mochi

Mochi de té verde matcha

mochi

Si, xa o sei, outra receita oriental, non teño remedio. Os mochis son unha das miñas sobremesas xaponesas preferidas xunto cos Dorayakis. 😛 Os mochis fanse con arroz glutinoso (que non quere dicir que teña glute, senón que é máis doce), auga e azucre. A maneira máis tradicional de facelos é na vaporeira de bambú, mais quixen facelos no microondas para que fora máis doado para todos. O recheo depende de vós, do que máis vos guste: pasta de xudías rechea de amorodo, xeado, chocolate…ou té verde matcha! Que rico está!!! Non vos explico máis e imos ao choio! O mochi de te verde está boísimo!!! Continue reading “Mochi de té verde / Matcha mochi”

Bombas de pataca / Potato bombs (croquettes)

Bombas de pataca

bombas pataca

Aí vai unha desas receitas que son perfectas para facer en calquera ocasión e van moi ben para petiscar. O recheo pode depender do que máis vos guste ou do que teñades máis á man, o máis típico é carne picada con prebe de verduriñas e un chisco de picante 😉 por iso o de bombas, supoño! Imos aló! Continue reading “Bombas de pataca / Potato bombs (croquettes)”

Torta real / Royal cake

Torta real

torta real

Torta real é o nome co que se lle chamaba antigamente á torta de améndoa que agora coñecemos como torta de Santiago. É unha torta moi sinxela con só 4 ingredientes, ou ben 3, se non lle botades un chisco de augardente, mais recoméndovolo moito, pois dálle un toque moi orixinal 🙂 Ademais, como non leva fariña de ningún tipo, é apta para celíacos. Imos aló! Continue reading “Torta real / Royal cake”

Makis de polbo á feira / Octopus and boiled potatoes makis

Makis de polbo á feira

polbo á feira

Ás veces o que peor levamos cando queremos facer sushi na casa é ter que lavar o arroz, cocelo e despois agardar a que este arrefríe. O bo destes makis, ademais de estar feitos cun dos pratos máis representativos (e saborosos) da nosa gastronomía, é que ao levar pataca cocida, e non arroz, aínda son máis sinxelos de facer. Están moi bos porque todo o que levan é moi sabedeiro, son moi orixinais e ademáis rápidos de facer. Imos aló! Continue reading “Makis de polbo á feira / Octopus and boiled potatoes makis”

Pasteis galeses / Welsh cakes

Pasteis galeses

welsh cakes

Estes pasteliños galeses son moi sinxelos e rápidos de facer. Se vos gustan os scones, estes pasteis tamén vos han gustar, de feito, tamén son coñecidos como griddle scones, é dicir, scones á prancha. Ao non ter que usar o forno, é unha receita perfecta para días de calor 😉 Ao contrario que os scones, estes non acostuman a ir recheos, mais un chisco de manteiga e azucre quédalle de medo. Aínda que a receita tradicional leva arandos ou pasas, esta versión con anaquiños de chocolate está saborosísima! Imos aló! Continue reading “Pasteis galeses / Welsh cakes”