Mini cheesecakes

Mini tortas de queixo

mini cheesecakes

Encántame o queixo en tódalas súas variedades, e non hai máis que botarlle un ollo ao índice de receitas para ver que xa hai unhas cantas de torta de queixo. Desta vez, a estas mini cheesecakes non lle fixen base de galletas, para tomar como tomamos unha magdalena ou un pastel de Belem. Podemos acompañalas do que queiramos, eu aproveitei a marmelada de amorodos e kiwis, mais con nutella, chocolate, doce de leite ou froita estará igual de saborosa. Ou así, sen nada! 😉 Imos aló!

Ingredientes para unhas 12 tortas de queixo:

– 125 gramos de azucre
– 500 gramos de crema de queixo
– 2 ovos
– 1 culleradiña vainilla
– 2 culleradas de fariña
– 30 ml tona para montar

Utensilios: bol, batedor e molde para magdalenas

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes agás o ovos.

mini cheesecakes

2. Engadimos os ovos un a un e batemos ata que estean mesturados.

3. Deixamos repousar a masa na neveira durante media hora e despois botámola sobre os moldes, cubrindo uns 2/3.

mini cheesecakes

4. Enfornamos a 170°C durante uns 15 minutos. Non vos asustedes se vedes que intentan escapar do molde, ao arrefriar baixarán. O tempo dependerá de como vos gusten. Se sodes dos que devecen por unha torta de queixo desas que polo medio están moi cremoseiras, só precisaredes 15 minutos. Se a queredes máis feita, uns 18 minutos chegarán. E listo!

mini cheesecakes

É unha receita moi doada que se fai nun plis e están…mmmm…incriblemente deliciosas! Xa o veredes! Non hai desculpa posible, en só 15 minutos teremos unhas mini tortas de queixo de 10! Con esta receita, non sairán unhas tortas de queixo moi doces, se estades moi larpeiros, engadide máis azucre, ou acompañadeas de mel 😛

________________________________________________

Mini cheesecakes

mini cheesecakes

I love cheese in all its possible varieties and especially cakes, of course! And all the cheese recipes I have on the recipe index make it even more obvious 🙂 These mini cheesecakes go without cookies crust, and we can eat them as we do with muffins or pastéis de Belem. We can eat them with some jam (as I did – mine was strawberry and kiwi jam), nutella, chocolate, dulce de leche or fruit. Or on their own, they’re incredibly tasty in any way! 😀 Let’s go!

Ingredients for 12 mini cheesecakes:

– 125 gr sugar
– 500 gr cream cheese
– 2 eggs
– 1 tsp vanilla
– 2 tbsp flour
– 30 ml whipping cream

Utensils: bowl, whisk and a muffin tin

Step by step preparation:

1. Mix all ingredients except eggs.

mini cheesecakes

2. Add egg one by one and whisk until integrated.

3. Let the batter settle in the fridge for 30 minutes and then fill 2/3 of each muffin tin holes.

mini cheesecakes

4. Bake at 170°C/350°F for around 15 minutes. Don’t panic if you see them growing out of the tin, they will go down as soon as they’re cold. Time will depend on how you like cheesecakes texture, if you like them with a creamy, smooth inside, then 15 minutes will be enough, if you prefer them a little bit drier, 18 minutes will be perfect. And that’s it!

mini cheesecakes

It’s a very simple and quick recipe and the truth is that they’re…mmmmm…incredibly delicious! No excuses, in just 15 minutes you’ll have in your hands the most delicious cheesecakes ever! This recipe is not veeery sweet, so if you feel with a sweet tooth, you can add more sugar or top it with some honey! Yummy!!! 😛

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *