Berenxenas maceradas á grella / Grilled marinated eggplants

Berenxenas maceradas á grella

eggplant

Se teño que escoller cal é a verdura da horta pola que devezo, escollería sen dúbida algunha a berenxena. Gústanme de case tódalas maneiras, recheas, con mel ou empanadas con pan relado. Desta vez, tráiovos unha receita diferente, mais que de seguro vos vai encantar. Só temos que preparar un macerado que lle dará ás berenxenas un toque especial, distinto, saboroso e adictivo. Xa veredes! Imos aló!

Ingredientes:

– 2 berenxenas
– 1 culleradiña de tomiño
– 1 culleradiña de ourego
– zume de 1/2 pomelo rosa
– 1 allo picado
– sal
– 75 ml de aceite de oliva
– sal groso para que as berenxenas solten auga

Utensilios: un recipiente con tapa

Preparación paso a paso:

1. Cortamos as berenxenas en rodelas, botámoslle unha boa cantidade de sal groso e deixamos que solten auga durante a lo menos 1 hora para sacarlle un pouco o sabor forte e que despois non collan tanto aceite.

eggplant

2. A continuación, lavámolas e secámolas.

eggplant

3. Preparamos o macerado mesturando o aceite, o zume do medio pomelo rosa, o sal, o allo picado, o ourego e o tomiño.

eggplant

4. E imos pasando as rodelas de berenxena por esta mestura e poñéndoas nun recipiente. Tapámolo e deixamos que as berenxenas marecen durante unha hora na neveira.

eggplant

eggplant

5. Unha vez estean maceradas, só temos que fritilas. (Eu fíxenas nunha tixola tipo grella, mais unha tixola das de sempre tamén servirá perfectamente.) Deixamos que se fritan ben por ámbolos dous lados e despois botámoslle por riba o prebe que fixemos para maceralas. E listo!

eggplant

Están boísimas!!! Se xa vos gustan as berenxenas, seguro que deste xeito tamén vos encantarán. E se normalmente non vos aquela moito o sabor forte da berenxena, probádeas así, xa veredes como o macerado lle dá un toque que vos ha gustar 🙂 Ademáis, é unha receita ben lixeira, saudable e perfecta para o verán 😀

_______________________________________________________

Grilled marinated eggplants

eggplant

If I have to choose among all the vegetables my favourite one, this would definitely be the eggplant! I like them in every single way, stuffed, with honey or just coated in some breadcrumbs. This recipe is different from those I’ve done up to now, and I’m sure you’re gonna like how simple and delicious it is. We just have to marinate eggplants with some simple ingredients you all have at home and the result will be surprising, veeery tasty and addictive! Let’s go!

Ingredients:

– 2 eggplants
– 1 tsp thyme
– 1 tsp oregano
– 1/2 pink pomelo juice
– 1 finely chopped garlic clove
– salt
– 75 ml olive oil
– some coarse salt to spread over eggplants

Utensiles: a food container with lid

Step by step preparation:

1. Cut eggplants into slices, add some coars salt and let eggplants “sweat” for at least one hour. Thus, eggplants flavour will be less strong and it won’t absorb too much oil when frying.

eggplant

2. Then, wash and dry each slice.

eggplant

3. Mix olive oil, pink pomelo juice, salt, the finely chopped garlic clove, oregano and thyme.

eggplant

4. Smear each slice with this mixture and then put them inside the container. Put the lid on top and let them marinate in the fridge for an hour.

eggplant

eggplant

5. Once they’re marinated, we just have to either grill them or fry them. I used a grill pan, but you can use a frying pan as well.) Let them cook on both sides and then pour the marinated sauce we made over the grilled slices. And that’s it!

eggplant

They’re delicious!!! If you like eggplants, you will love this so simple and healthy recipe. And if you are not a big fan, give this recipe a try, and you’ll see how tasty eggplant slices become once marinated 🙂 Besides, it’s healthy, light and perfect for summer 😀

2 thoughts on “Berenxenas maceradas á grella / Grilled marinated eggplants

  1. Hoxe vou facer as berenxenas como vin en kukinhas.Non teño pomelo rosa pero vou botarllo amarelo.Despois comentarei o resultado.Gracias kukinhas,teñen unhas pintas moi boas ,seguro que están boíiiiisimas.Chao,unha aperta de Iasbel

    1. Pódense facer con limón ou con laranxa. O pomelo amarelo tamén serve, mais quizáis resulta moi forte o sabor. Xa me contarás o resultado, seguro que che gustan 😉 Unha aperta!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *