Batido de Bailey’s / Bailey’s milkshake

Batido de Bailey’s

baley's

Outra receita para estes días de calor e de bo tempo! Desta vez, un batido sinxelo, rápido, fresco e cun puntiño de sabor a Bailey’s que o fai aínda máis saboroso 😉 Unha receita que de seguro prepararedes máis dunha vez este verán. Imos aló! Continue reading “Batido de Bailey’s / Bailey’s milkshake”

Linguas de arroz / White rice cakes

Linguas de arroz

white rice cakes

Non sabía moi ben como chamarlle a este prato. Algunha vez que o tomei nalgún restaurante oriental, chamábanlle tallaríns filipinos, máis ao buscalo no buscador, non atopei ningunha foto similar. Despois de darlle algunha que outra volta, e vendo que a súa forma é similar ás linguas de gato e están feitas de arroz, decidín poñerlle linguas de arroz. Estas linguas véndense en supermercados orientais e non hai que cocelas, só se deixan a remollo durante unhas 24 horas e xa están listas para ser cociñadas. Imos aló! Continue reading “Linguas de arroz / White rice cakes”

Mississippi Mud Pie (sen forno / no bake)

Mississippi Mud Pie

Mississippi Mud Pie

A Mississipi Mud Pie é unha desas tortas que en canto a ves, quérela probar! Despois de botarlle un ollo a varias receitas e ver que todas se facían no forno, decidín facer unha versión sen forno, máis sinxela, rápida, mais que conservase ese aspecto cremoseiro. O nome desta torta ven pola semellanza do chocolate cremoso cos lodos do río Mississippi. Imos aló! Continue reading “Mississippi Mud Pie (sen forno / no bake)”

Atún macerado / Marinated tuna

Atún macerado

atún

Ás veces hai quen non merca atún porque non sabe como facer para que non quede seco. Pois aquí vos traio a solución! Se maceramos o atún nun chisco de soia e aceite, estará moi suculento e non quedará seco para nada. O ideal sería pedir ou cortar lombos de atún un chisco máis gordiños, para que non quede forte de máis. Sinxelo a tope, non si? Imos aló! Continue reading “Atún macerado / Marinated tuna”

Xeados de gin tonic / Gin tonic popsicles

Xeados de gin tonic

gin tonic

Cando vai calor, o que de verdade apetece é comer pratos fresquiños e sobremesas aínda máis. E por que non facer uns xeados de gin-tonic? Son moi sinxelos de facer e están de vicio! Só hai que mesturar tódolos ingredientes, metelos ao conxelador nuns moldes para xeado e agardar a que o frío faga o seu traballo. Que? Sinxelísimo, non si? Pois aínda é máis saboroso que doado. Sobre todo, se os facemos cunha xenebra galega! Desta vez, tocoulle a Nordés 😛 Imos aló! Continue reading “Xeados de gin tonic / Gin tonic popsicles”

Carpaccio de cabaciño / Zucchini carpaccio

Carpaccio de cabaciño

carpaccio

Hai receitas que son taaan sinxelas e rápidas de facer e, ao mesmo tempo, taaaaaan saborosas que é unha mágoa non telas feito antes. E esta é unha delas. Recoñezo que a primeira vez que vin o carpaccio de cabaciño nun restaurante, fiquei sorprendida. Non me convencía a min moito iso de comer cabaciño cru. Máis unha vez que o probei, creo que volvería tomalo tódolos días da semana. Ten un sabor suave que queda moi ben con tódolos outros ingredientes que o acompañan. Eu fixen a miña propia versión, vós podedes tamén engadirlle ou cambiar algúns ingredientes. Iso sí, as uvas pasas quédanlle de medo. Aviso 🙂 Imos aló! Continue reading “Carpaccio de cabaciño / Zucchini carpaccio”