Crumble de froitos vermellos / Red berries crumble

Crumble de froitos vermellos

crumble

Que molona é esta sobremesa, xa veredes! Ademáis do doada que é, podedes empregar as froitas que máis vos gusten, e calquera vos irá ben, así que só tendes que experimentar. O crumble fíxose máis coñecido durante a Segunda Guerra Mundial en Inglaterra, por mor do racionamento, e como unha boa alternativa a tortas ou doces con máis ingredientes. Con esta receita, seguro que vos sobra algo de crumble, mais non o tiredes, está boísimo nos iogures ou a culleradas 😉 Imos aló!

Ingredientes para 6 mini-crumbles:

– 150 gramos de framboesas
– 150 gramos de amorodos
– 30 gramos de azucre
– Crumble: 90 gramos de fariña, 60 gramos de manteiga brandiña, 60 gramos de azucre e vainilla.

Preparación paso a paso:

1. Cortamos os amorodos en anaquiños. Eu as framboesas deixeinas enteiras para que non se desfixeran. Botámoslle os 30 gramos de azucre e deixamos que vaian sacando o zume mentres preparamos o crumble.

crumble

2. Para preparar o crumble, hai que poñerse coas mans na masa (literalmente). Mesturamos tódolos ingredientes e amasamos ata que teña unha consistencia como a que se va na fotografía:

crumble

crumble

3. Botamos os froitos nos moldes e cubrimos co crumble. Botade bastante porque lle queda moi ben e está moi bo! Eu, despois de facelo, teríalle botado máis 😀

IMG_8670

crumble

4. Enfornamos a 200ºC durante uns 15 minutos ou ata que vexamos que o crumble comeza a poñerse douradiño e crocante. E listo!

Pode ser que o zume dos amorodos e as framboesas escape un chisco para fóra no forno, mais é o normal, non vos preocupedes. Froita e crumble e o único que se precisa para facer esta saborosa sobremesa, así que animádevos porque é moi lixeira e queda ben bonitiña, non si? Seguro que repetides!

________________________________________________________

Red berries crumble

crumble

This recipe is so cool, so simple and so delicious you’re gonna fall for it as soon as you see it! Besides, you can use whatever fruit or berry you like most, I used red berries because they’re on season. Crumble became well-known during World War II due to shortage on pastry ingredients, and so crumble was a good and less expensive alternative to pies. With this recipe, you will probably get some extra crumble, but don’t throw it to waste, it’s delicious as a yogurt topping, or for any other cake, or you can even eat it like that!!! Let’s go!

Ingredients for 6 wee crumbles:

– 150 gr raspberries
– 150 gr strawberries
– 30 gr sugar
– Crumble: 90 gr flour, 60 gr soft butter, 60 gr sugar and vanilla.

Step by step preparation:

1. Chop straberries. I did not cut raspberries because they’re already small enough and they easily break. Add 30 grams sugar and let it set while preparing the crumble.

crumble

2. To prepare the crumble, we need to get our hands dirty! Mix all ingredients with your hands until you get a breadcrumbs texture, as in the picture:

crumble

crumble

3. Add some berries on the moulds and cover with some crumble. You can add a good quantify of it, because it’s really yummy. If I do them again (which I will), I will definitely add more 😀

IMG_8670

crumble

4. Bake at 200ºC/400ºF for 15 minutes or until you see crumble becomes golden brown and crispy. And that’s it!

In the oven, berries juice can pop out of the mould, but don’t worry, this is completely normal 🙂 Fruit and crumble is the only thing you need to prepare this delicious sweet treat everyone is going to love. It’s a pretty healthy dessert and it looks incredibly cute, doesn’t it? You’ll repeat! Give you my word!!!

2 Comments

  1. Nunca oíra esa palabra e menos aínda…facer un postre tan sinxelo agora que temos fresas e outras froitas. Intentaremos facelo,seguro que está boíiiisimo.Moitas grazas kukinhas,xa que coas túas receitas vou mellorando na cociña ,e iso á familia ,póñenselle os dentes moi afiados.Unha aperta

    • Iso é porque a familia tamén é lambona e de bo dente 🙂 É unha sobremesa que vai moi ben cando temos moita froita ou cando temos pezas que se van pasar. Aprovéitase todo ben, non se tira nadiña e está boísimo!!! Moitas grazas polo comentario

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.