Ensalada César / Caesar Salad

Ensalada César

Caesar salad

Chega o caloriño e, mentres dura, o que nos apetece son pratos máis fresquiños. E non sei a vós, mais a min o que me pide o corpo son ensaladas. Esta ensalada césar é unha das máis típicas e coñecidas. O certo é que, agás o mollo, o resto non ten ciencia ningunha, así que imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 1 leituga (a mítica é a romana, mais podedes empregar a que queirades)
– 200 gramos de peituga de polo
– 100 gramos de pan torrado (picatostes)
– parmesano (ao gusto)
– mollo César: 1 ovo, 4 anchoas, aceite de oliva, sal, 1 allo, vinagre e queixo parmesano. (Os ingredientes dependen de como vos guste o mollo, sempre se poden engadir ou sacar algúns)

Preparación paso a paso:

1. Preparamos a leituga.

2. Facemos os filetes de peituga á grella coas especias que máis vos gusten ata que estean ben douradiños.

3. E facemos o mollo. Colocamos tódolos ingredientes no vaso da batedora (ou nun vaso alto), poñemos a batedora no fondo de todo, e batemos a velocidade máxima sen movela ata que vexamos que comeza a ter pinta de mollo 😉 Cando xa case estea a punto, comezamos a mover a batedora arriba e abaixo, suavemente. E xa teremos o mollo preparado.

Déixovos un pequeno vídeo 🙂

4. Nunha ensaladeira, poñemos a leituga, os picatostes, os filetes de peituga cortados en tiras, anaquiños de parmesano e o mollo. E listo!

Xa temos a nosa ensalada César preparada. O prebe non sabe exactamente igual ao que mercamos, mais é moito máis saudable e podemos facelo ao noso gusto. Probade e xa veredes como vos gusta e repetides!

___________________________________________

Caesar Salad

Caesar salad

Spring is at its best these days! Sun is shining and the temperatures are getting higher, and so, at least for me, it’s salads time! This Caesar Salad is one of the most typical salad recipes, and especially its dressing, which, honestly, is the hardest part of this recipe, and you’ll see how simple the whole process is. Let’s go!

Ingredients for 2:

– 1 lettuces (Roman is the typical one, but you can use your favourite)
– 200 gr chicken breast
– some croutons
– parmesan cheese
– Caesar dressing: 1 egg, olive oil, vinegar, salt, 1 garlic, 4 anchovies and parmesan cheese. (Some ingredients depend on how you like the dressing, you can always add or remove some)

Step by step preparation:

1. Wash and cut lettuce.

2. Sautée chicken breast steaks with some spices you like and some salt until somehow crispy and golden brown.

3. Let’s prepare the dressing. Put all ingredients on a high cup or glass, introduce the beater inside it, up to its bottom and beat at the highest speed without moving it until you see it starts to get a cream-like texture 😉 Then, when almost ready, start moving the beater up and down very slowly. And here we have our Caesar salad dressing ready.

This is how it looks on a video 🙂

4. In a sald bowl, add some lettuce, croutons, chicken steaks cut into strips, some parmesan cheese and the delicious dressing. And that’s it!

Caesar salad ready to eat! The dressing flavour is a little bit different from the processed one, but, apart from being healthier, we can change, add or remove some ingredients and make our own version. Try this one and you’ll repeat! Promise!!!

2 thoughts on “Ensalada César / Caesar Salad

  1. Eu fixen onte unha ensalada césar cos ingredientes coma os teus e algún outros, e a verdade que sempre está boa.Grazas kukinhas polas túas boas ideas para tempo de calor Un bico forte Isabel

    1. Con este bo tempo, as ensaladas veñen de marabilla! E o mellor é que se fan nun plis e pódeselle botar case de todo 🙂 Grazas polo comentario e por seguir sempre as receitas! Unha alegría saber que che gustan 😀 Unha aperta forte

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *