Masa para gyozas / Gyoza wrappers

Masa para gyozas

gyozas

Para todas aquelas persoas que, despois de publicar a receita das gyozas (empanadiñas xaponesas) me preguntaron pola masa das gyozas, aquí vos deixo a receita para poder facelas na casa. Só se precisan tres ingredientes e faise nun plis. Ademáis, pódese gardar uns días na neveira ou conxelala (xa coa forma) e tela preparada para usar en calquera ocasión. Imos aló!

Ingredientes para unhas 40 masiñas:

– 240 gramos de fariña
– 120-130 ml de auga
– 1/2 culleradiña de sal

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes ata conseguir unha masa que non pegue.

masa gyozas

2. Amasamos durante 10 minutos. Este paso é importante, pois fará que a masa se volva cada vez máis manexable.

masa gyozas

3. Dividimos a masa en dous e formamos dos roliños. Envolvémolos en prástico transparente e deixamos que repouse (fóra da neveira) durante 30 minutos.

masa gyozas

4. Cortamos cada roliño en 12 anacos. Mentres amasamos cada un deles, poñeremos os demáis baixo un pano de mesa húmido, para que non seque a masa.

masa gyozas

5. Facemos boliñas de cada anaco e alisamos co rolo de amasar.

gyozas

6. Cun vaso, dámoslle forma redonda a cada masiña. O diámetro sería de máis ou menos 7 cm.

gyozas

7. E poñemos cada masa nun recipiente (ou sobre un prástico), botando fariña entre masa e masa. E listo!

Podemos gardar as masiñas envoltas en prástico transparente durante uns 3 ou 4 días. E se non as imos usar, o mellor é conxelalas, ou ben o roliño de masa, ou ben as masiñas xa coa forma. Xa vedes que é moi sinxelo, con ingredientes básicos e que se fai moi rápido. Así nunca máis teremos desculpa para non facer unhas saborosas empanadiñas xaponesas.

____________________________________________________

Gyoza wrappers

gyozas

For all of you who wanted to try the homemade gyozas we’ve prepared, and didn’t know where to buy the wrappers or any recipe, this is the recipe you need! And you will only need 3 basic ingredients. Besides, you can keep them some days in the fridge, or freeze them and have them ready every time you feel like eating gyozas. Let’s go!

Ingredients for about 40 wrappers

– 240 gr plain flour
– 120-130 ml water
– 1/2 tsp salt

Step by step preparation:

1. Mix all ingredients until you get a non-sticky dough.

masa gyozas

2. Knead it for 10 minutes. This step is very important because the dough will become smoother.

masa gyozas

3. Divide the dough into 2 and form rolls. Wrap them in plastic wrap and let it settle at room temperature for 30 minutes.

masa gyozas

4. Cut each dough roll into 12 pieces. While we roll out each dough piece, put the rest of the dough under a damp cloth so it won’t dry out.

masa gyozas

5. Form little balls and roll them with a rolling pin.

gyozas

6. Use a glass or a cup to cut the dough into a circle. The approximate diameter of each gyoza wrapper would be around 7 cm.

gyozas

7. Put each wrapper on a piece of plastic wrap or on any other container and don’t forget to add some flour between the wrappers. And that’s it!

Keep gyoza wrappers wrapped in plastic for 3 or 4 days in the fridge, or freeze them. You can either freeze the dough or the wrappers. As you can see, the ingredients are easy to find and the preparation is both quick and simple.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *