Chulas de alcachofa / Artichoke fritters

Chulas de alcachofa

alcachofas

As receitas de chulas son xeniais. Non levan ingredientes moi complicados e pódense facer con case calquera verdura, froita ou peixe. Despois de probar as chulas de cabaza e de bacallau, tocaba facer outra versión salgada e con verduras, desta vez, con alcachofas. Xa veredes que ricas están! O máis complicado é quizáis preparar as alcachofas, mais axiña se lle colle un truquiño 🙂 Imos aló! Continue reading “Chulas de alcachofa / Artichoke fritters”

Galettes da Bretaña / Breton galettes

Galettes da Bretaña

galettes

Que os galegos e os bretóns comparten moitos aspectos culturais xa é de todos coñecido, e no aspecto gastronómico non ía ser menos. As galettes da Bretaña son moi semellantes ás nosas filloas, mais o ingrediente principal ven sendo o trigo sarraceno, tamén chamado trigo mouro ou trigo negro. Aínda que se considera un cereal, non o é exactamente, pois non pertence á familia das gramíneas. Os grans teñen unha forma triangular, unha cor escura e o seu sabor é intenso. En Catalunya, empregan o trigo mouro para facer unha especie de papas chamadas farinetes. As galettes están moi boas e, como as nosas filloas, pódense degustar con case calquera recheo. Imos aló! Continue reading “Galettes da Bretaña / Breton galettes”

Crumble de froitos vermellos / Red berries crumble

Crumble de froitos vermellos

crumble

Que molona é esta sobremesa, xa veredes! Ademáis do doada que é, podedes empregar as froitas que máis vos gusten, e calquera vos irá ben, así que só tendes que experimentar. O crumble fíxose máis coñecido durante a Segunda Guerra Mundial en Inglaterra, por mor do racionamento, e como unha boa alternativa a tortas ou doces con máis ingredientes. Con esta receita, seguro que vos sobra algo de crumble, mais non o tiredes, está boísimo nos iogures ou a culleradas 😉 Imos aló! Continue reading “Crumble de froitos vermellos / Red berries crumble”

Viaxe gastronómica – LISBOA – Gastronomic trip

Viaxe gastronómica: Lisboa

Lisboa

Se algunha vez tivestes a ocasión (e a sorte) de visitar Lisboa, saberedes que se cumple moito e ben o dito de que quen non veu Lisboa, non veu cousa boa. Non sei dicir que é o que me gusta máis de Lisboa, se a amabilidade dos lisboetas (e dos portugueses, en xeral), se porque me sinto coma en Galiza, se pola súa fermosura, se pola súa tranquilidade…supoño que por todo iso, e moito máis. Os milleiros de maneiras de cociñar o bacallau, os saborosísimos “secretos de porco preto” ou os sempre larpeiros pastéis de Belem fan que Lisboa non só entre ben polos ollos, senón tamén polo padal e, por suposto, polo corazón. Continue reading “Viaxe gastronómica – LISBOA – Gastronomic trip”

Papando kukilambonadas en Ferreirúa

Ola xentiña!!!

Quería facer esta entrada para convidarvos a un evento moi especial. Aquelas persoas que xa me seguen por Facebook ou Twitter xa oíron falar disto. O día 10 de maio haberá unha quedada en A Ferreirúa para agradecer a tódalas súas veciñas e veciños a organización dunha das carreiras máis queridas de Galiza e que viñan celebrando durante 25 anos. Así o expliquei no Facebook:

Ola larpeiriñas e larpeiriños! Hoxe escríbovos para falarvos dunha carreira ben especial. Para aqueles que xa andades no mundiño das carreiras, saberedes que este ano, por primeira vez despois de nada máis e nada menos que 25 anos, non haberá carreira en A Ferreirúa. Esta carreira foi sempre posible grazas ao esforzo e agarimo que poñían todos e cada un dos seus habitantes; organizando a carreira, poñendo pinchos para todos, animando…converténdose así nunha das carreiras máis queridas de Galiza. Este ano, por mor da celebración do campionato galego de medio maratón en Vigo, xusto o mesmo día ca carreira de Ferreirúa, os veciños decidiron, seguramente moi ao seu pesar, non celebrala máis. Déixovos aquí un artigo onde se fala precisamente disto e onde se explican os motivos para a cancelación da carreira.

A boa nova é que se está a organizar unha quedada para o día 10 de maio para poder agradecer ao pobo de A Ferreirúa todo o esforzo que puxeron durante todos estes anos na organización da carreira.

Hora de quedada: 11:00
Lugar: Local social, zona de meta, polideportivo?
Circuito: Unha volta ao circuito grande (color azul).
Link ao mapa do circuito

Podedes seguir as novidades no foro de correr en galicia.

E que pinta kukinhas en todo isto? Tódalas persoas que se acheguen o día 10 a Ferreirúa, xa sexan corredores ou acompañantes, poderán degustar algunha das lambonadas que hai no blogue.
Nunca vos pido que compartades, mais esta vez penso que a ocasión ben o merece. Compartídeo, contádeo. A xente de Ferreirúa merece este acto de agradecemento e apoio.

Ensalada César / Caesar Salad

Ensalada César

Caesar salad

Chega o caloriño e, mentres dura, o que nos apetece son pratos máis fresquiños. E non sei a vós, mais a min o que me pide o corpo son ensaladas. Esta ensalada césar é unha das máis típicas e coñecidas. O certo é que, agás o mollo, o resto non ten ciencia ningunha, así que imos aló! Continue reading “Ensalada César / Caesar Salad”