Torradas de brioche / Brioche French toast

Torradas de brioche

brioche toast

Recoñezo que dende hai pouco non devecía eu moito polas torradas. Máis iso cambiou en canto souben desta receita francesa. O nome orixinal é pain perdu e a maneira de facelas é totalmente diferente á habitual. Moito máis saborosas, con moito menos aceite e mil milleiros de veces máis saborosas! Siii!!! Están boísimas…e deixan un arrecendo por toda a cociña que fai que non poidas parar de comelas! Xa non vos enredo máis e imos ao que hai que ir! Á receita! Imos aló!

Ingredientes:

– 300 gramos de pan de brioche*
– 250 ml de leite
– 50 gramos de azucre
– 1 culleradiña de vainilla
– 2 ovos
– manteiga, para torrar as torradas na tixola
– azucre moreno (para caramelizar)

*Eu fixen a versión hiper lambona, que é con pan de brioche (fresco). Tamén se pode facer con pan normal, pan duro ou brioche duro. O normal é facela con pan duro, sa sexa brioche ou non, de aí o nome en francés.

Preparación paso a paso:

1. Eu fíxenas en cadradiños, polo que cortamos un pan de brioche en rebandas algo gordiñas, e despois cortamos cada rebanda en 4 cadrados.

image

brioche toast

2. Batemos o leite, o azucre branco, a vainilla e os ovos.

brioche toast

3. E imos mollando cada cadradiño nesta mestura. É un pan que absorbe moito líquido polo que podemos remollalo ben.

brioche toast

brioche toast

4. Untamos a tixola coa manteiga, mollamos os cadrados de novo, para que nos queden aínda máis húmidos (non vos preocupedes porque non escapa nada de líquido) e poñemos os cadradiños a fritir, dándolles a volta de cando en cando ata que vexamos que se vai torrando.

brioche toast

brioche toast

5. En canto estean torradas, poñemos un chisco de azucre moreno por riba e dámoslle a volta para que se caramelice o azucre e faga unha capa crocante. Faremos isto por ámdolos dous lados. E listo!

brioche toast

brioche toast

O mellor é facer como coas filloas, ir facendo e ir comendo, porque recén feitas é cando máis boas están. Se non as podemos comer quentes, ou ben as tomamos frías, ou ben as quentamos un chisco no microondas. Se vos gustan as torradas de sempre, estas aínda saben mellor, e se as outras non vos enchen tanto o ollo (como me pasa a min) estas seguro que se converten nas vosas preferidas, xa veredes! 😉

________________________________________________________

Brioche French toast

brioche toast

Have you ever tried French toasts? Well, if you have, put this recipe on the recipes-to-do list, because Brioche French toasts taste even better than bread French toasts. The French name for this recipe is pain perdu and the flavour of brioche toasted and caramelized in the pan is amazing! Oh yeah!!! You will not only love the flavour, but also the sweet smell you will have all around the kitchen. Yummy! It will make you start eating one after another. So, let’s go!

Ingredients:

– 300 gr brioche bread
– 250 ml milk
– 50 gr caster sugar
– 1 teaspoon vanilla essence
– 2 eggs
– butter, to toast the brioche
– brown sugar (to caramelize)

Step by step preparation:

1. I decided to make little brioche squares, so cut the bread into pretty thick slices and then cut each slice in four.

image

brioche toast

2. Beat the milk, caster sugar, vanilla e eggs.

brioche toast

3. Dip each brioche square into the eggs and milk mixture. This kind of bread absorbs a lot of liquid, so we can dip it well.

brioche toast

brioche toast

4. Spread butter all over the frying pan (as when we prepare crepes), dip each square again before frying and then fry them, turning them over from time to time until they’re golden brown on each side.

brioche toast

brioche toast

5. As soon as they’re toasted, add some brown sugar on top of them and toss it over for the sugar to caramelize. Then, do the same on the other side. Thus, the toast will be crunchy on the outside and smooth on the inside. And that’s it!

brioche toast

brioche toast

As soon as they come out of the frying pan, they’re incredibly delicious (don’t burn yourself!), but if you cannot eat them hot, you can always heat them up a bit in the microwave. If you like bread French toast, this would make you go mad, and if you don’t like the bread ones, you’re gonna love this brioche version, as they are sweeter, smoothier and tastier!!! 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *