Croquetas de queixo azul e millo / Blue cheese croquettes

Croquetas de queixo azul e millo

croquetas de queixo

Estas croquetas de queixo azul están boísimas! E non só porque o queixo estea de medo, senón porque para empanalas, empregamos unha mestura de millo salgado picado e pan relado. O resultado son unhas croquetas extra crocantes por fóra e moi suaves e cremoseiras por dentro. Unha receita ben doada e rápida, mais que campará moito e ben nas nosas mesas. Imos aló!

Ingredientes:

– un bo anaco de queixo azul*
– 1/2 cebola
– fariña, leite, sal
– pan relado groso (ou panko)
– millo salgado picado
– 1 ovo(ou leite) e fariña para empanar**

*A cantidade dependerá da intensidade de sabor que lle queirades dar ás croquetas. Este queixo azul é o Bleu d’Auvergne, un queixo similar ao Roquefort.
**Se alguén non puidera tomar ovo, pódense empanar tamén con leite

Preparación paso a paso:

1. Fritimos a media cebola cortada en anacos ben pequenos.

2. Engadimos fariña e fritímola un chisco para sacarlle ese sabor forte e non se note nas croquetas.

croquetas de queixo

3. Engadimos o leite e mailo queixo en anacos. Salgamos.

croquetas de queixo

4. En canto a bechamel de queixo se despegue con facilidade da tixola, botamos a mestura sobre un molde e deixámola arrefriar.

croquetas de queixo

5. Facemos boliñas coa masa e pasámolas por fariña, ovo (ou leite) e a nosa mestura de pan relado e millo picado.

croquetas de queixo

croquetas de queixo

6. Fritímolas co aceite ben quente e listo!

croquetas de queixo

Xa vedes que a pinta é estupenda, o paso a paso sinxelísimo e se sodes fans do queixo azul, seguro que vos encantan! Ademáis, estas croquetas póndense facer co ingrediente que máis vos guste, e xa veredes como este empanado lles dá un gusto orixinal, diferente e moi crocante. Están de vicio!!!

_____________________________________________________

Blue cheese croquettes

croquetas de queixo

These blue cheese croquettes are so good!!! The flavour is delicious, but not only that, the best thing about it is that we coat them with finely chopped toasted corn and some bread crumbs. As a result, we’ve got extra crunchy croquettes on the outside and incredibly smooth and soft on the inside. A very simple recipe which looks incredibly good, doesn’t it? You’ll make them and repeat! Let’s go!

Ingredients:

– some good blue cheese
– 1/2 onion
– flour, milk, salt
– breadcrumbs (or panko)
– finely chopped toasted corn
– 1 egg (or milk) and flour for coating**

*Quantity depends on the intensity of flavour you want to get. This blue cheese is Bleu d’Auvergne, similar to Roquefort, but less strong.
**If you can’t use egg, you can use milk, it will work perfectly as well.

Step by step preparation:

1. Fry finely chopped onion until almost done.

2. Add flour and fry it for a while, so we won’t notice any flour flavour when eating the croquettes.

croquetas de queixo

3. Add milk and chopped cheese. Salt.

croquetas de queixo

4. As soon as our cheese white sauce is ready, ad it starts to separate itself from the frying pan, pour it over a mould and allow to cool.

croquetas de queixo

5. Make little balls and coat them in flour, egg (or milk) and our mixture of breadcrumbs (or panko) and finely chopped toasted corn.

croquetas de queixo

croquetas de queixo

6. Fry them in hot olive oil and that’s it!

croquetas de queixo

This recipe is fantastoc! Step by step is simple and if you love blue cheese, you’re gonna love these croquettes as well. Besides, you can now make them with any ingredient you like, and you’ll see how this coating with corn will make croquettes much more smooth and crunchy. They’re yummy!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *