Pizza de polo / Chicken pizza

Pizza de polo

chicken pizza

Xa facía tempo que non vos traía unha receita de pizza, e xa tocaba! Unha vez que xa sabemos como facer a masa caseira, o resto é moi sinxelo. O que pasa é que ás veces non sabemos que combinacións facer, e acabamos facendo a pizza sempre cos mesmos ingredientes, así que aí vai outra idea. Imos aló!

Ingredientes:

masa de pizza caseira
– 200 gramos de peituga de polo
– 1/2 pemento vermello
– 1/2 pemento verde
– 100 gramos de champiñóns
– 5 tiras de touciño
– mozzarella curada*
– prebe de tomate
– ourego

*A mozzarella que empreguei esta vez é mozzarella “fresca”, máis cunha textura tipo queixo curado (ou como cando a mercamos relada xa), polo que se pode relar ou cortar en cubiños. Se tendes oportunidade de mercar mozzarella fresca ou curada, facédeo, o sabor é moi diferente e seguro que vos gusta.

Preparación paso a paso:

1. Picamos a peituga de polo nunha picadora ou a coitelo, e fritímola ata que estea a punto.

2. Coa masa estirada, botamos o prebe de tomate, a mozzarella en cubos, e o resto do ingredientes cortados en anacos.

chicken pizza
*Eses cadradiños brancos que se ven na foto é a mozzarella.

3. Esparexemos ourego e enfornamos a 200ºC durante uns 15 minutos ou ata que estea douradiña por abaixo. E listo!

A pinta xa vedes na foto que é moi boa e o sabor é incrible! Os champiñóns eu sempre os boto en cru, tamén hai quen os pasa antes, máis se vos gusta o sabor, ao deixalos crus, non perden a auga e o sabor é moito máis intenso. Así que xa sabedes, experimentade coas pizzas e xa me contaredes! Eu seguirei poñendo receitas para ir probando distintas versións 🙂

_____________________________________________________

Chicken pizza

chicken pizza

It’s been a long time since the last pizza recipe, so it was about time to try a new one! Now we know how to make a homemade pizza crust, the rest of the process is reeeally easy. The thing is that when we have to prepare some pizzas, we usually repeat the same recipes we’ve been doing and never try anything new. And that’s why I’ve decided to show you a new one I’ve tried. Let’s go!

Ingredients:

homemade pizza crust
– 200 gr chicken breast
– 1/2 red bell pepper
– 1/2 green bell pepper
– 100 gr mushrooms
– 5 slices bacon
– cured mozzarella*
– tomato sauce
– oregano

*The mozzarella I used is like fresh mozzarella, but a more cured type, which is simmilar in texture to the one we buy already grated, so you can grated or cut it in squares just when cooking, and so the flavour is much more intense. If you haven’t tried it before, try to find it and you’ll repeat!

Step by step preparation:

1. Chop the chicken breast in a food processor or with a knife and fry it until done.

2. On top of the pizza crust, add the tomato sauce, the mozzarella in squares and the rest of the ingredients, chopped.

chicken pizza
*Those little white squares in the picture are the chopped mozzarella.

3. Spread oregano and bake at 200ªC/400ºC for 15 minutes or until the crust is golden brown. And that’s it!

The pizza looks really yummy, and it actually is. The flavour is incredible and this mozzarella cubes give the pizza an extra smoothness you’ll die for! I always use raw mushrooms and let them cook in the oven, if you haven’t done so, try it! Mushrooms won’t lose water, as they do when we fry them, and so the flavour will be stronger. So, now it’s your time to experiment with pizzas and tell me all about it, I will be trying other ingredients and write the recipes here 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *