Marmelada de kiwi e amorodo / Kiwi & strawberry jam

Marmelada de kiwi e amorodo

kiwi strawberry jam

Aínda andan kiwis pola casa despois da colleita tan boa deste ano, e xa había tempo que me rondaba pola cabeza a idea de poñer unha receita de marmelada no blogue. Máis para non facer a marmelada só de kiwis, ocorreuseme a idea de facela xunto con amorodos, que xa comezan a asomar, tan vermellos coma sempre, no medio de tanto verde. Aproveito tamén para explicarvos como esterilizar os tarros e pechalos ao baleiro. Imos aló!

Ingredientes para un bo tarriño de marmelada:

– 400 gramos de amorodos
– 300 gramos de kiwis
– 300 gramos de azucre
– zume dun limón

Preparación paso a paso:

1. Cortamos os kiwis e os amorodos en anacos, botámoslle 100 gramos de azucre e deixámolo repousar para que boten o zume mentres preparamos os tarros.

kiwi strawberry jam

kiwi strawberry jam

2. Colocamos un trapo nunha pota, poñemos os tarros sen tapa e mailas tapas, cubrimos de auga e fervemos durante 30 minutos.

IMG_8669

3. Mentres tanto, fervemos a mestura de amorodos e kiwis, xunto co zume do limón e os 200 gramos de azucre ata que xa teña unha consistencia de marmelada. (Uns 40 minutos máis ou menos) Cando estea lista, veremos que ao separar a mestura, esta tarda en xuntarse.

kiwi strawberry jam

kiwi strawberry jam

kiwi strawberry jam

4. Enchemos os tarros coa mermelada e fervemos de novo. Primeiro, sen tapa e coa auga cubrindo 2/3 do tarro durante 10 minutiños, despois tapámolos, cubrímolos con auga e deixamos que ‘cozan’ a lume lento durante uns 20 minutos. E listo!

kiwi strawberry jam

Xa temos a marmelada de kiwi e amorodo preparada. Por suposto non tendes por que facer todo o proceso para deixalos ao baleiro se xa a ides consumir, máis sempre convén saber destas cousas aínda que sexa para outra ocasión.
Está boísima!!! E a combinación kiwi-amorodo é xenial! A min gústame todo, ata como queda a cor vermella coas pepas negras do kiwi 😉 E se tendes paciencia, terá unha textura igualiña ca das marmeladas que compramos, máis a nosa, será moito mellor, caseira e feita con moito agarimo. Que máis se pode pedir?

_____________________________________

Kiwi and strawberry jam

kiwi strawberry jam

Having some kiwis around from the great harvest we’ve got this year, the idea of preparing homemade jam was all the time around my head. However, I did not want to do it only with kiwis, so now that strawberries are starting to be on season again, it was about time to prepare this delicious kiwi and strawberry jam. And, as I explain you how to do this jam, I will also tell you how to sterilize and vaccum seal the jar. Let’s go!

Ingredients for 1 jam jar:

– 400 gr strawberries
– 300 gr kiwis
– 300 gr caster sugar
– 1 lemon juice

Step by step preparation:

1. Chop the kiwis and the strawberries, add 100 grams of caster sugar and let it settle, so the fruit juices come out. Meanwhile, we can sterilize the jars.

kiwi strawberry jam

kiwi strawberry jam

2. Put a cotton cloth on a pot, put the jars and the lids over it, add water until they’re completely covered and let it boil for 30 minutes.

IMG_8669

3. While we wait for the jars to sterilize, boil the kiwis and strawberries mixture together with the rest of the sugar (200 gr) and the lemon juice. Boil it for around 40 minutes or until you can separate the jam and it needs some time to get together again.

kiwi strawberry jam

kiwi strawberry jam

kiwi strawberry jam

4. Fill the jars with the jam up to the top and boil them again. First, with no lid and the water covering 2/3 of the jar. Then, put the lid on, cover them with water and let them boil at a medium temperature dor 20 minutes. And that’s it!

kiwi strawberry jam

Here we have our homemade kiwi and strawberry jam ready! If you are going to be using the jam as soon as you cook it, you do not need to vaccum seal it, you just wait until it’s cold and leave it in the fridge.
The flavour of this jam is incredible!!! And the combination kiwi-strawberry is one of the greatest ever! The sweetness of strawberries and the citrus flavour of kiwi match perfectly. And if you boil it up to the right point, you’ll have the perfect consistency and texture jam should have. I even love the way it looks, so red and bright with those little black kiwi seeds 🙂 It looks as delicious as it tastes!

2 thoughts on “Marmelada de kiwi e amorodo / Kiwi & strawberry jam

  1. Como teño moitos kiwis,da miña horta,vou aproveitar para facer marmelada ,sacando a receita que vin en kukinhas;só con vela xa da gañas de facela e comela.Grazas de novo kukinhas.Un saudo moi agarimoso .Isabel

    1. Hai que aproveitar os kiwis, que este ano houbo moi boa colleita! E combinados cos amorodos, xa verás como quedan de vicio!!! 😀 E a marmelada é ben sinxela de facer e é moi sabedeira. Agardo o comentario co resultado. Unha aperta de kukinhas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *