Lagostinos crocantes / Crispy prawns

Lagostinos crocantes

Lagostinos crocantes

Os lagostinos son ben sabedeiros de calquera maneira, cocidos, á grella, crús, mariñados…en fin, que todo lles queda ben! E se vos gusta de calquera destas maneiras, con este empanado tamén vos gustará moito. Para iso, empregaremos un pan relado xaponés – o panko- que podemos facer na casa. Imos aló! Continue reading “Lagostinos crocantes / Crispy prawns”

Torradas de brioche / Brioche French toast

Torradas de brioche

brioche toast

Recoñezo que dende hai pouco non devecía eu moito polas torradas. Máis iso cambiou en canto souben desta receita francesa. O nome orixinal é pain perdu e a maneira de facelas é totalmente diferente á habitual. Moito máis saborosas, con moito menos aceite e mil milleiros de veces máis saborosas! Siii!!! Están boísimas…e deixan un arrecendo por toda a cociña que fai que non poidas parar de comelas! Xa non vos enredo máis e imos ao que hai que ir! Á receita! Imos aló! Continue reading “Torradas de brioche / Brioche French toast”

Chulas de bacallau / Cod fritters

Chulas de bacallau

chulas bacallau

Onte merquei bacallau fresco e o filete era ben grande, así que tocaba discurrir receita para os anacos que me ían sobrar. O bo das chulas de bacallau é que non hai que cociñar previamente o bacallau, bótanse tódolos ingredientes en cru, e despois frítense as chulas e xa está! Así, a receita faise nun plis e o resultado é boísimo. De todas maneiras, se vos sobran anacos de bacallau cocido ou fritido, tamén o podedes empregar. Imos aló! Continue reading “Chulas de bacallau / Cod fritters”

Croquetas de queixo azul e millo / Blue cheese croquettes

Croquetas de queixo azul e millo

croquetas de queixo

Estas croquetas de queixo azul están boísimas! E non só porque o queixo estea de medo, senón porque para empanalas, empregamos unha mestura de millo salgado picado e pan relado. O resultado son unhas croquetas extra crocantes por fóra e moi suaves e cremoseiras por dentro. Unha receita ben doada e rápida, mais que campará moito e ben nas nosas mesas. Imos aló! Continue reading “Croquetas de queixo azul e millo / Blue cheese croquettes”

Torta de 1906 Black Coupage / 1906 Black Coupage Cake

Torta de 1906 Black Coupage

1906 black coupage

En canto vin esta nova cervexa de 1906, sabía que ía caer unha torta si ou si. Despois do boa que estaba e do éxito que tivo a Torta de 1906 Red Vintage, xa sabía que esta non ía ser menos. Polo momento, tódalas críticas foron boas: a textura é suave e cremosa no padal, o sabor intenso e con notas de regaliz e chocolate, como a cervexa e a pinta, xa vedes, de vicio! Imos aló! Continue reading “Torta de 1906 Black Coupage / 1906 Black Coupage Cake”

Pizza de polo / Chicken pizza

Pizza de polo

chicken pizza

Xa facía tempo que non vos traía unha receita de pizza, e xa tocaba! Unha vez que xa sabemos como facer a masa caseira, o resto é moi sinxelo. O que pasa é que ás veces non sabemos que combinacións facer, e acabamos facendo a pizza sempre cos mesmos ingredientes, así que aí vai outra idea. Imos aló! Continue reading “Pizza de polo / Chicken pizza”