Trufas de té verde / Matcha truffles

Trufas de té verde matcha

matcha truffles

O matcha é un tipo de té verde moído introducido no Xapón alá polo século XII polos budistas. Agora emprégase na ceremonia xaponesa do té, máis o seu sabor e o feito de que sexa un té en po, fai que se empregue con certa frecuencia na repostaría. Estas trufiñas de té verde acostuman a ser un agasallo moi común no Xapón para o día dos namorados. E o seu sabor é moi peculiar porque contrasta o sabor amargo do té co doce do azucre e do chocolate branco. Unha suculencia exótica que gustará a todos, tanto polo seu sabor como pola pinta que teñen. Imos aló!

Ingredientes:

matcha truffles

– 250 gramos de chocolate branco
– 20 gramos de manteiga
– 80 gramos de tona fresca
– 50 gramos de té verde matcha*
– té verde matcha para rebozar as trufas

*Este era especial para repostaría e levaba azucre incorporado. Se mercades un sen azcure, quizáis teñades que engadir máis para que non queden tan amargas, mais o mellor é ir probando 😉

Preparación paso a paso:

1. Fervemos a tona fresca nun cazo, baixamos o lume e engadimos a manteiga e o chocolate branco en anacos. Mesturamos todo ben ata que teña unha textura máis cremosa.

matcha truffles

matcha truffles

2. Engadimos o té verde, mesturamos de novo e xa temos a crema de té verde preparada.

matcha truffles

matcha truffles

3. Poñémola nun molde cuberto con prástico transparente e refrixeramos ata que estea duriña.

matcha truffles

4. Cortamos a masa en cadradiños e rebozamos cada cadrado en máis té verde. E listo!

matcha truffles

Xa vedes que a receita é ben sinxela, só 4 pasos, e o proceso non ten ciencia ningunha, só derreter tódolos ingredientes e engadir o té verde. O sabor seguro que vos sorprende, sobre todo polo que vos comentei antes, polo contraste de sabores. O té verde co que rebozamos as trufas daralle un sabor amargo ao meterlle a primeira dentellada, máis ao seguir mordendo, sairá o sabor doce do chocolate branco, e deixará un gusto final incrible! Ademáis, o té verde matcha ten un sabor moi particular e curioso, así que tedes que probalo. Agardo que vos guste! E xa sabedes que podedes seguir mandando fotos para poñelas na páxina 😀

_____________________________________________________________________

Matcha truffles

matcha truffles

Matcha green tea is a kind of powdered tea introduced by Budhists in Japan in the 12th century. Now it is basically used in the Japanese tea ceremony, though its flavour and the fact that is a powdered tea, makes it widely used in pastry-making. These truffles are one of the most typical presents in Valentine’s Day. The flavour of these truffles is quite peculiar because tea’s bitter flavour contrasts with the sweetness of white chocolate. A very succulent exotic recipe everybody will love for both its flavour and how it looks. Let’s go!

Ingredients:

matcha truffles

– 250 gr chopped white chocolate
– 20 gr butter
– 80 gr crème fraîche
– 50 gr matcha green tea*
– some more matcha tea for coating the truffles

*This matcha tea was especially made to be used in sweet treats and so it had some sugar in it, if you use a purer one, its flavour will be more bitter and so you may have to use less than 50 grams. In case of doubt, the best is to try it while preparing the truffles.

Step by step preparation:

1. Boil the crème fraîche, add the chopped white chocolate and butter, and heat all up a alow temperature.

matcha truffles

matcha truffles

2. Add matcha tea, mix until well integrated and our matcha mixture is now ready.

matcha truffles

matcha truffles

3. Pour it over a mould covered by a plastic wrap and allow to cool in the fridge until it’s hard.

matcha truffles

4. Cut the matcha mixture into little squares and then coat them in more green tea. And that’s it!

matcha truffles

This recipe is incredibly easy, just four simple steps, and they’re soooo easy! Just melt all ingredients and then add green tea. It can’t be easier, can it? The flavour is fantastic and it will surprise you, as you won’t expect that bitter flavour. At the beginning, the tea we used for coating will leave a bitter flavour in our tongues, but as we keep on chewing it, white chocolate will give a sweet touch which will make you eat more! Besides, matcha tea flavour is amazing, very different from any flavour we know, so you have to try it. I know that you will love it and become a fan, as I am now. And if you prepare them, send your pic and I will post it on the Hall of Fame of the page! 😀

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *