Guacamole e nachos caseiros / Homemade nachos and guacamole

Guacamole e nachos caseiros

guacamole nachos

Como gozo eu facendo estas receitas que dan tan pouco traballo e tan bo resultado! Que si, que de cando en cando apetece facer receitas máis elaboradas, máis para o día a día o mellor son estas receitas que se fan nun plis, e que están de vicio! Os nachos fanse en 10 minutiños e o guacamole en 5. E ademáis, o guacamole é do máis saudable e apto para tódalas dietas. Imos aló!

Ingredientes para o guacamole:

– 2 aguacates maduros
– 1 tomate kumato en cadradiños*
– 3 chalotas picadas
– 1 cullerada de aceite de oliva virxe extra
– 4 follas de coandro
– zume de 1/2 lima
– sal

*Kumato, de corazón de boi, o tomate de sempre, cherries…o que queirades!

Preparación paso a paso do guacamole caseiro:

1. Poñemos nun vaso a cullerada de aceite, o zume de lima e as follas de coandro picadas e deixamos que se mesturen os sabores. Mentres, podemos ir facendo os nachos.

guacamole nachos

2. A continuación, sacamos a polpa dos aguacates e esmagámola co garfo ata que teña unha consistencia de puré de patacas. Salgamos.

guacamole nachos

3. Engadimos as chalotas e o tomate kumato picadiños e mesturamos ben.

guacamole nachos

4. E para rematar, engadimos o prebe de aceite, zume de lima e coandro, e mesturamos de novo. E listo!

guacamole nachos

Poño só 4 follas de coandro porque o seu sabor é bastante forte, e se poñemos moitas, tapará o sabor do resto dos ingredientes. Se sodes moi fans, podedes engadirlle máis, por suposto!

Ingredientes para os nachos caseiros:

– 6 masas para empanadiñas
– aceite
– especias ao gusto
– sal
– mozzarella relada

Preparación paso a paso dos nachos caseiros:

1. Poñemos as 6 masas de empanadiñas sobre un papel vexetal enriba da bandexa do forno.E cortamos en trianguliños ou ben cun coitelo ou ben cun cortador de pizzas.

guacamole nachos

2. Untamos aceite cun pincel de cociña sobre os triángulos, engadimos as especias que máis nos gusten e salgamos.

guacamole nachos

3. Engadimos a mozzarella relada. Eu deixei 3 masas con queixo e 3 sen queixo.

guacamole nachos

4. Enfornamos durante uns 10 minutos a 180º ou ata que estean douradas e crocantes. E listo!

guacamole nachos

Agora só temos que deixar que arrefríen un chisco os nachos e xa podemos comezar a mollalos no guacamole! Xa vos aviso que está todo moi bo, e que seguro que se os facedes, repetides 😛
_________________________________________________

Homemade nachos and guacamole

guacamole nachos

I love preparing these recipes which look so great and taste so good, but we don’t need neither too much time nor too much effort to prepare them. And this recipe is perfect to prepare for every occasion. And the best thing about guacamole is that is perfect for all diets. You will only need 10 minutes to prepare the homemade nachos and only 5 to prepare guacamole. What are you waiting for? This recipe is so simple. Let’s go!

Ingredients for the guacamole:

– 2 ripe avocados
– 1 chopped kumato tomato*
– 3 finely chopped shallots
– 1 tbsp extra virgin olive oil
– 4 leaves coriander
– juice de 1/2 lime
– salt

*Kumato, beefsteak, cherry tomatoes…whatever you like most!

Guacamole step by step preparation:

1. In a glass, mix the oil, lime juice and chopped coriander leaves and let the flavours mix for some minutes. Meanwhile, we can prepare the homemade nachos.

guacamole nachos

2. Then, take the avocado meat out and make a purée by smashing the meat with a fork. Add some salt.

guacamole nachos

3. Add the finely chopped shallots and the chopped tomato to the avocado mixture and mix until well combined.

guacamole nachos

4. And last, add our oil, lime and coriander mixture and mix again. And that’s it!

guacamole nachos

I just used 4 leaves of coriander because its flavour is too strong and it can hide the flavour of the rest of the ingredients. But if you are a huge fan of coriander, you can add more for sure.

Ingredients for homemade nachos:

– 6 small pastry rounds
– oil
– some spices
– salt
– grated mozzarella

Homemade nachos step by step preparation:

1. Put the 6 pastry rounds over a baking sheet on the baking tray. And cut the rounds into little triangles using a knife or a pizza cutter.

guacamole nachos

2. Spread some oil over the triangles with a pastry brush, sprinkle your favourite spices and some salt.

guacamole nachos

3. Add the grated mozzarella. I used the mozzarella over 3 rounds and left the other 3 without it.

guacamole nachos

4. Bake for 10 minutes at 180ºC/350ºF or until they’re golden brown and crispy. And that’s it!

guacamole nachos

Now we just have to wait for the nachos to be a little bit colder and we can start dipping them into the guacamole. Be careful, this guacamole and these nachos are extremely addictive and you will be preparing them once and again! 😛

4 Comments

  1. Nunca se me ocorrería que os nachos se facían así! Que pasada! Xa vou probar! 😉 Grazas pola receita! 🙂 🙂

    • Saben moi ben, e aínda que o sabor non é exactamente igual, leva moito menos tempo facelos, saen moi crocantes e son máis saudables! 😀 Grazas polo comentario! Agardo que che guste e que me contes! Unha aperta! 🙂

      • Esos nachos teñen unha pintaza …ñan,ñan .Queríaos faccer pero teño unha dúbida.Que son os coandros?.Moitas grazas kukinhas polas túas receitas ,saborosas e caseiras.Unha aperta de Isabel

        • O coandro sería o cilantro, unha especia cun lixeiro sabor a limón. É moi sinxelo de atopar e dálle moi bo sabor, sen embargo, non se pode abusar, pois o sabor é moi forte. Grazas a ti por seguir o blogue e polos teus comentarios tan agarimosos. Unha aperta de kukinhas

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.