Follas de limoeiro / Sweet lemon tree leaves

Follas de limoeiro

follas limoeiro

Falando das receitas do Entroido na casa, xurdiu esta receita que quizáis non é tan típica, máis é unha receita ben antiga e que forma parte da gastronomía galega dende hai ben anos. A receita é sinxela, como tódalas do Entroido, e o resultado é saboroso, xeitoso e sorprendente. Imos aló!

Ingredientes:

– 200 gramos de leite (1 vaso)
– 2 ovos
– 200 gramos de auga (1 vaso)
– 300 gramos de fariña
– sal
– azucre en po para esparexer
– follas de limoeiro

*As cantidades tamén dependerán de como vos gusten. Se as queredes máis gordiñas, só teredes que botar máis fariña, e se as queredes máis finas e crocantes, máis leite.

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos os ovos, o vaso de leite e o vaso de auga.

follas limoeiro

2. Imos engadindo a fariña pouco a pouco e batendo ben. Engadimos sal e probamos ata que estean un chisco salgadas.

follas limoeiro

3. Nunha tixola con abundante aceite de xirasol ben quente, imos botando as follas de limoeiro remolladas na masa.

follas limoeiro

follas limoeiro

follas limoeiro

4. E cando xa estean douradiñas polos dous lados, irémolas sacando e poñerémolas sobre papel de cociña. Esparexemos un chisco de azucre en po por riba e listo!

follas limoeiro

follas limoeiro

Kukiconsellos:

– Se preferides sacarlle a folla, sae perfectamente case en canto se sacan da tixola, máis para presentar, quedan máis bonitiñas coa folla dentro, pois conservan mellor a forma.

– Non deixedes que se torren moito, cunha lixeira cor dourada xa estarán listas. Se se torran moito, collen moito aceite.

Para ser a primeria vez que preparo esta receita, xa vos digo que non será a última. A folla do limoeiro dálle un sabor a limón ás follas que as fai saborosísimas, e non me digades que non teñen boa pinta! Ademáis, fanse rápido e son ben doadas. E o mellor de todo…saben de medo!!! Bo proveito 😉

__________________________________________________

Sweet lemon tree leaves

follas limoeiro

Talking about typical recipes made in Galiza during Carnival time (Entroido), it came out this nice recipe of sweet lemon tree leaves. As you can see in the picture, we will be doing this recipe using real lemon tree leaves. Thus, the lemon tree leaves will give the dough a lemon flavour. The recipe is very simple and delicious! Let’s go!

Ingredients:

– 200 gr milk
– 2 eggs
– 200 gr water
– 300 gr flour
– salt
– powdered sugar to sprinkle
– lemon tree leaves

*The quantities will depend on how you want your sweet leaves to be. If you like them thin and crunchy, just add more milk, and if you like them thicker, just add more flour.

Step by step preparation:

1. Mix the eggs, the 200 gr milk and the 200 gr of water.

follas limoeiro

2. Add the flour bit by bit, beating well until all ingredients are integrated. Add salt until the dough tastes salty.

follas limoeiro

3. Dip the lemon tree leaves inside this dough and then, in a pan with a good amount of hot sunflower (or canola) oil, fry them.

follas limoeiro

follas limoeiro

follas limoeiro

4. When light golden brown on both sides, take them out and put it over a kitchen towel. Spread some powdered sugar over them…and that’s it!

follas limoeiro

follas limoeiro

Kukitips:

– If you prefer taking the leave out, you can easily do it after frying them, but if you don’t ming taking them afterwards, they keep shape better with the leave inside and they look much nicer.

– Don’t overfry them. They’ll be ready when they have a light golden colour, if you overfry them, the flavour will be oily.

Being this the first time I made this recipe, I’m very happy with the result and I know it won’t be the last. The lemon tree leaves are easy to find and the ingredients are just a few. So if you have a lemon tree around, wait no more and get ready to prepare this so simple recipe you and all the people around you will love. Enjoy them! 😉

4 thoughts on “Follas de limoeiro / Sweet lemon tree leaves

    1. Ola! Eu ata hai pouco tampoco, destas cousas que falas na casa e descobres receitas! E despois xa vin que tamén fala delas Cunqueiro, como non 🙂 Xa me contarás cando probes!
      Bicos

    1. E esta receita de follas de limoeiro teno todo! xa verás como che gusta tamén o sabor. Xa me contarás como foi 😉 E grazas por comentar! 😀

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *