Trufas de té verde / Matcha truffles

Trufas de té verde matcha

matcha truffles

O matcha é un tipo de té verde moído introducido no Xapón alá polo século XII polos budistas. Agora emprégase na ceremonia xaponesa do té, máis o seu sabor e o feito de que sexa un té en po, fai que se empregue con certa frecuencia na repostaría. Estas trufiñas de té verde acostuman a ser un agasallo moi común no Xapón para o día dos namorados. E o seu sabor é moi peculiar porque contrasta o sabor amargo do té co doce do azucre e do chocolate branco. Unha suculencia exótica que gustará a todos, tanto polo seu sabor como pola pinta que teñen. Imos aló! Continue reading “Trufas de té verde / Matcha truffles”

Hamburguesas recheas de queixo / Cheese stuffed burgers

Hamburguesas de tenreira recheas de queixo

cheese burgers

Despois de dúas receitas de hamburguesas vexetais, xa ía tocando unha receita de hamburguesa de carne.E para darlle un toque diferente, van recheas de queixo. A receita é ben doada, e o resultado é saborosísimo! E a pinta…vaia, xa se ve na foto, non? 😀 Eu acompañeina de cebola, leituga de folla de carballo e rúcula. Imos aló! Continue reading “Hamburguesas recheas de queixo / Cheese stuffed burgers”

Guacamole e nachos caseiros / Homemade nachos and guacamole

Guacamole e nachos caseiros

guacamole nachos

Como gozo eu facendo estas receitas que dan tan pouco traballo e tan bo resultado! Que si, que de cando en cando apetece facer receitas máis elaboradas, máis para o día a día o mellor son estas receitas que se fan nun plis, e que están de vicio! Os nachos fanse en 10 minutiños e o guacamole en 5. E ademáis, o guacamole é do máis saudable e apto para tódalas dietas. Imos aló! Continue reading “Guacamole e nachos caseiros / Homemade nachos and guacamole”

Cachopo de tenreira / Asturian cachopo

Cachopo de tenreira

cachopo

A gastronomía asturiana é saborosísima: fabada, queixo cabrales, cachopos, casadielles…un pracer para os sentidos e para o padal. O certo é que ata o de agora non probara a facer os cachopos na casa, máis para ser a primeira vez, estou realmente satisfeita co resultado. A maneira de facelos é moi sinxela, e o xamón serrano quédalle de medo á tenreira. Imos aló! Continue reading “Cachopo de tenreira / Asturian cachopo”

Yakisoba con verduras e zamburiñas / Queen scallops & veggies yakisoba

Yakisoba con verduras e zamburiñas

yakisoba

Hai uns días fun a un supermercado asiático e arrasei, hihihi! Son un perigo! Encántame a comida xaponesa, o sushi, as gyozas, os mochis, os udon, os yakisoba, as okonomiyakis (pizzas xaponesas)…ata o de agora, todo o que probei gustoume! E como me gusta tanto comela, tamén me gusta cociñala, porque xa se sabe, que despois de cociñala, toca papar, non si? Os yakisoba son como uns espaguetis que se toman cun prebe especial e xeralmente acompañados de verduriñas e carne de porco ou lagostinos. Máis como tiña zamburiñas pola casa, decidín facer unha versión con verduras e zamburiñas. Imos aló! Continue reading “Yakisoba con verduras e zamburiñas / Queen scallops & veggies yakisoba”