Flan de queixo / Caramel cheese flan

Flan de queixo de Bama

Flan queixo

Encántame o queixo de Bama! E isto non é novo para aqueles que ledes o blogue, a que non? E cando teño este queixo pola casa, non fago outra cousa que discurir receitas para facer con él! Como vos podedes imaxinar, non me dura nada 🙂 Se vos gusta o flan e o queixo, este flan encantaravos, o queixo dálle un toque moi suave ao flan e un sabor que recorda ás mellores tortas de queixo. E cando vexades o sinxelo que é, e os poucos ingredientes que precisamos, seguro que vos poñedes coas mans na masa! Imos aló!

Ingredientes:

– 300 gramos de azucre e unha cullerada de auga para o caramelo caseiro
– 225 gramos de queixo de Bama (xa pelado)
– 250 ml de tona para montar (35% M.G.)
– 200 ml de leite semidesnatado
– 6 ovos da casa
– 100 gramos de azucre

Preparación paso a paso:

1. Primeiro de todo, faremos o caramelo caseiro co azucre e a cullerada de auga, poñéndoo ao lume ata que estea listo. A continuación, botarémolo sobre o molde que irá ao forno.

2. Nunha pota, poñemos ao lume a tona, o leite e o queixo cortado en anacos. E quentamos (sen que chegue a ferver) ata que o queixo estea totalmente desfeito. (Non tarda nadiña) Cando estea listo, apagamos o lume e deixamos que arrefríe un pouco.

flan de queixo

3. Batemos os ovos e o azucre, e mesturamos ámbalas dúas mesturas.

flan de queixo

4. Vertemos o flan de queixo sobre o caramelo e poñémolo sobre un molde con auga ao baño maría dentro do forno a unha temperatura de 200 graos durante uns 40-50 minutos, ou ata que vexades que colle unha cor marrón dourada por riba.

flan de queixo

flan de queixo

5. Cando estea frío, dámoslle a volta e listo! Xa está preparado para meterlle o dente. 🙂

flan de queixo

Xa vedes que a preparación é moi sinxela, e o único tempo que precisamos é mentres o flan está no forno. Estou segura de que se probades, repetides, porque está moi bo e podédelo facer con calquera queixo que vos guste, aínda que con este de Bama está ben sabedeiro!

____________________________________________________________

Caramel cheese flan

Flan queixo

I love Bama cheese! And I know this is nothing new for those of you who read the blog recipes! And when I have the opportunity of having a Bama cheese at home, I’m always thinking about recipes I can make with it. So, as you may imagine, the poor cheese only lasts for a few days with me 🙂 If you like creme caramel (or flan) and you are a cheese fan, you’re gonna love this cheese flan! The cheese gives a really smooth touch to the flan, and you’ll love it as much as the best cheesecake you’ve ever had. And as soon as you see how simple it is, and the few ingredients you need, you’ll be preparing it right away! Let’s go!

Ingredients:

– 300 gr caster sugar and a tbsp water to prepare the homemade caramel
– 225 gr Bama cheese (peeled off)
– 250 ml whipping cream
– 200 ml semi-skimmed milk
– 6 eggs
– 100 gr sugar

Step by step preparation:

1. First of all, prepare the homemade caramel by heating up the sugar and the tbsp of water in a pan until ready. Then, pour it over the mould you will be using for the cheese flan.

2. In a saucepan, pour the cream, the milk and the chopped Bama cheese. Heat it up (don’t let it boil!) until the cheese is completely melted. (It won’t take long) When ready, allow to cool a bit.

flan de queixo

3. Beat the eggs and the sugar and mix both mixtures.

flan de queixo

4. Pour the cheese flan over the mould with the caramel, and put the mould over a mould with water, and bake it at 200ºC/400ºF for 40-50 minutes or until the flan gets a golden brown colour on top.

flan de queixo

flan de queixo

5. When cold, we just have to flip it over and that’s it! The caramel cheese flan is ready to eat! 🙂

flan de queixo

As you have just seen, the step by step preparation is really easy and the only time we need is the baking time. If you try and make it, you’ll repeat for sure! And you can prepare it with whatever cheese you prefer, though I may say with Bama cheese is absolutely delicious!

2 thoughts on “Flan de queixo / Caramel cheese flan

  1. O flan de queixo ten unha pinta riquísima ,eu fíxeno con ovos caseiros, leite e,tona,pero non tiña o queixo de Bama(por certo a terra da miña mamá) e con queixo fresco seguro que non sae tan saboroso.Un biquiño.Isabel

    1. Seguro que si que sae saboroso! Aínda que o queixo sexa fresco, notarase que o leva, e halle dar unha moi boa textura. Cando o probes, xa me contas! E non esquezas enviar a foto para poñela na páxina. Bicos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *