Quiche de espinacas, queixo de cabra e touciño / Spinach, goat cheese and bacon quiche

Quiche de espinacas, queixo de cabra e touciño

quiche

Ás veces teño a sorte de que xente que me coñece me conte as súas receitas para que as poña no blogue. E esta receita chegou así, certo é que case sempre, por unha cousa ou por outra, remato cambiando algún ingrediente ou engadindo máis 🙂 Este quiche é moi moi moi saboroso, suave e sinxelísimo de facer! Iso sí, aproveitade para facelo cando teñades invitados ou se estades máis de dous na casa, porque para dous sobra un montón! Imos aló!

Ingredientes:

– 1 lámina de masa brisa
– 300 gramos de espinacas frescas
– 1 rulo de queixo de cabra (de 200 gramos)
– 200 gramos de touciño en tiras
– 4 ovos
– 250 ml de tona para montar (35% M.G.)
– 150 gramos de queixo relado*
– sal

*Eu empreguei unha mestura de queixos que levaba queixo emmental, mozzarella, cheddar e queixo curado

Preparación paso a paso:

1. Comezamos cocendo as espinacas durante uns 5 minutos. Escorremos e reservamos.

quiche

2. Colocamos a masa brisa nun molde redondo para quiches (deses que teñen o borde ondulado) ou en calquera molde redondo que teñades. Picamos a masa cun garfo para que non suba no forno e enfornamos durante uns 12 minutos a 180ºC.

quiche

3. Fritimos o touciño sen aceite ata que estea douradiño e crocante.

quiche

4. Batemos os ovos coa tona e engadimos as espinacas. Salgamos.

quiche

5. Engadimos o queixo relado e mesturamos de novo.

quiche

6. Cortamos o rulo de queixo de cabra e imos poñendo os anacos sobre a base de masa brisa ata que cubramos toda a masa.

quiche

7. Botamos o touciño por riba e a mestura de queixo relado, ovos, tona e espinacas.

quiche

quiche

8. Enfornamos a 180ºC durante uns 35-40 minutos. E listo!

quiche

Xa vedes que é unha receita ben sinxela! Estará boísimo tanto frío coma quente, perfecto para deixar preparado para unha paparota familiar! Ademáis, se vos gusta máis quente, sempre podedes metelo uns segundiños no microondas e listo! Voltará estar como cando saiu do forno. Bo proveito! 😛

______________________________________________________________

Spinach, goat cheese and bacon quiche

quiche

I’m sometimes so lucky that I do not even have to think the recipes I will be making for the blog! And that’s because people who know me often tells me recipes they know you will all like them as much as they do. And that’s how this recipe came. The truth is that I usually end up changing or adding more ingredients 😉 This quiche is veeery tasty, smooth, soft and very easy to do! If you are only 2 at home, do it when you have guests at home, because it will be too much only for two. Let’s go!

Ingredients:

– 1 disk shortcrust pastry
– 300 gr fresh spinach
– 200 gr goat cheese
– 200 gr bacon strips
– 4 eggs
– 250 ml whipping cream (not whipped)
– 150 gr grated cheese*
– salt

*I used a mixture of grated cheese: emmental, mozzarella, cheddar and some cured cheese

Step by step preparation:

1. Boil the spinach for more or less 5 minutes. Strain and keep for later.

quiche

2. Cover a quiche mould (or any round baking mould you have around) with the shortcrust pastry and pinch it all around with a fork, to stop it from growing in the oven. Bake it for 12 minutes at 180ºC/375ºF.

quiche

3. Fry the bacon without any oil until fried and crunchy.

quiche

4. Beat the eggs and the cream and add the spinach. Salt.

quiche

5. Add the grated cheese and mix all well.

quiche

6. Chop the goat cheese and cover all the pastry base with it.

quiche

7. Add the fried bacon and the mixture of cheese, eggs, cream and spinach.

quiche

quiche

8. Bake at 180ºC/375ºF for 35-40 minutes. And that’s it!

quiche

As you can see, this is a very easy recipe! The quiche will be delicious hot or cold, so it’s a perfect recipe when we have guests at home! Besides, if you prefer it hot, you can always heat it up for some seconds in the microwave, and it will be as if taken out of the oven! Enjoy it! 😛

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.