Napolitanas de chocolate / Pain au chocolat

Napolitanas de chocolate: receita rápida

napolitanas

Unha receita moi larpeira e ben rápida. Nuns 15 minutiños, teredes listas para meterlles o dente unhas saborosas napolitanas recheas de chocolate branco, negro, con leite…ou dos dous! E para iso, só precisamos 4 ingredientes. Imos aló!

Ingredientes:

– 1 lámina de masa de follado
– 15 gramos de manteiga fundida
– azucre en po
– chocolate branco, negro, con leite, nocilla, nutella…

Preparación paso a paso:

1. Abrimos a lámina de masa de follado e esparexemos manteiga por riba.

napolitanas

2. Botamos un chisco de azucre en po.

napolitanas

3. Poñemos barriñas de chocolate sobre a masa e envolvémolas. Podemos poñer de dúas en dúas, unha barriña en cada napolitana, ou ben derreter o chocolate ou empregar nutella ou nocilla.

napolitanas

napolitanas

4. Enfornamos a 200 graos durante uns 10 minutos ou ata que estean douradiñas.

5. Esparexemos máis azucre en po por riba a listo!

napolitanas

Tanto quentes coma frías están moi boas, se ao día seguinte o chocolate xa está máis duriño, podedes meter as napolitanas uns segundiños no microondas para que se derreta o chocolate. Están saborosísimas!!!

_______________________________________________________________________

Pain au chocolat

napolitanas

A very easy, quick and sweet recipe! In only 15 minutes, you’ll have this delicious pain au chocolat (or chocolatine), which you can fill with white, dark or milk chocolate, or even a combination of dark and white! And we just need 4 ingredients to prepare them. Let’s go!

Ingredients:

– 1 disk of puff pastry
– 15 gr melted butter
– some powdered sugar
– white, dark, milk chocolate, nocilla, nutella…

Step by step preparation:

1. Open the puff pastry and spread some butter over it.

napolitanas

2. Add some powdered sugar.

napolitanas

3. Put some chocolate over a piece of pastry and roll it. You can put a piece of chocolate in each pain, or one of each flavour. If you prefer it, melt the chocolate or use nutella.

napolitanas

napolitanas

4. Bake at 200ºC for 10 minutes or until they’re golden brown on top.

5. Spread some powdered sugar over them and that’s it!

napolitanas

They’re delicious! And you’re gonna love them hot or cold. If when cold, chocolate is harder than when hot, you can heat them up a bit in the microwave and the chocolate will be melted and really tasty! Enjoy them! 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *