Hamburguesas de avea / Rolled oats burgers

Hamburguesas de avea

hamburguesa avea

Despois de probar a facer as albóndegas de avea, pensei que facer hamburguesas sería igual de sinxelo e saboroso, e a verdade é que si! Saen unhas hamburguesas moi suaves, nutritivas, saudables e boísimas. O procedemento é similar ao das albóndegas, só que desta vez facémoslle forma de hamburguesa e fritímolas. Imos aló!

Ingredientes para 4 hamburguesas:

– 250 gramos de flocos de avea
– 5 chalotas ou 1 cebola pequena
– especias ao gusto, curry e sal
– auga fervendo

Hamburguesas de avea paso a paso:

1. Botamos os 250 gramos de flocos de avea nun bol xunto coas especias que máis nos gusten e o sal, e imos engadindo auga fervendo ata formar unha masa manexable, esmagullando os flocos de avea cun garfo. (Se queda líquida de máis, sempre se pode engadir fariña)

hamburguesa avea

hamburguesa avea

2. Engadimos as chalotas picadas e un chisco de curry.

hamburguesa avea

3. Untamos as mans con aceite e formamos 4 hamburguesiñas, dándolle forma redonda coas mans.

4. E fritimos a lume lento ata queden torradiñas por ambos lados. E listo!

hamburguesa avea

Eu púxenas sobre unha base de prebe de tomate natural e parmesano en po. E, como non, empregando o pan de hamburguesa caseiro! Como me gustan estas receitas que son rápidas, sinxelas, saborosas e ademáis, saudables. Podedes botarlle un queixo cremoso, como o queixo de Bama (do que son moi fan!), leituga, cebola, tomate…todo lle queda ben a esta hamburguesa, así que agardo as vosas fotos! 😛

hamburguesa avea

____________________________________________________

Rolled oats burgers

hamburguesa avea

After making the rolled oats meatless meatballs, I though that making burgers will be as easy and tasty, and in fact it is! These burgers are smooth, nutritious, healthy and delicious. The step by step is similar to that of meatballs, but we given them burger form and fry them in a pan. Let’s go!

Ingredients for 4 burgers:

– 250 gr rolled oats
– 5 shallots or 1 little onion
– species of your choice, curry and salt
– boiling water

Rolled oats burgers step by step:

1. In a bowl, put the rolled oats together with the spices and salt and add boiling water to it, smashing the oats with a fork until you get an easy-to-manipulate dough. (If it becomes too liquid, you can always add flour).

hamburguesa avea

hamburguesa avea

2. Add the finely chopped shallots and some curry.

hamburguesa avea

3. Spread your hands with oil and form 4 burgers, giving them round flat shape with your hands. Don’t worry, it’s easy to work with this dough.

4. Fry them at a medium-low temperature until both sides are golden brown. And that’s it!

hamburguesa avea

I put them over some natural tomate sauce and some powdered parmesan cheese. And, of course, with the homemade burger buns! These quick, simple, tasty recipes are my favourites, and if they’re healthy, even better! You can add some smooth cheese, such as Bama cheese (big fan!), cheddar cheese, lettuce, tomato, onion…everything will be perfect for this burger! Waiting for your pics! 😛

hamburguesa avea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *