Crema de champiñóns / Mushrooms soup

Crema de champiñóns

crema champis

Con este frío o que máis nos apetece son sopas, cremas, cocido, caldo, filloas…mmm! Ás veces dá gusto que veña o frío 😀 E como da crema de cabaciña, da de cabaciña e mazá e da de cabaciño xa vos puxera a receita, decidín probar cos champiñóns, a ver como resultaba. A textura é diferente, porque queda con máis gromos, pero o sabor é moi agradable, intenso e delicioso. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 250 gramos de champiñóns
– 1/2 cebola
– auga
– 1/2 pastilla de caldo concentrado
– un chisco de leite ou tona (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Fritimos a cebola picada e cando xa estea no seu punto, engadimos os champiñós cortados en anacos e seguimos fritindo ata que estean ben feitiños. Salgamos.

mushroom soup

2. A continuación, engadimos a auga (que cubra os champis) e o caldo concentrado e deixamos que ferva uns 10 minutiños.

3. Batemos coa batedora e engadimos un chorriño de leite ou tona. Eu empreguei leite e quédalle moi ben. E listo!

Así quentiña está boísima e nestes días de frío entra de marabilla! Se xa probastes as de cabaciña ou cabaciño, esta seguro que vos encanta. Bo proveito!

_____________________________________________________

Mushrooms soup

crema champis

All along these cold days, the only dishes we want to prepare are soups, broths, stews, filloas…mmm, I love cold days! 😀 And as I have already showed you the pumpkin, pumpkin and apple, and the zucchini soup, it was about time for a new soup recipe. I decided to try to make a soup with some mushrooms, and the truth is that I’m really amazed by the result! The flavour is intense and delicious, and the texture is a little bit lumpy, but really tasty (give you my word!) Let’s go!

Ingredients for 2:

– 250 gr mushrooms
– 1/2 onion
– water
– 1/2 concentrated broth cube
– some milk or cream

Step by step preparation:

1. Fry the chopped onion and when fried, add the chopped mushrooms. Keep frying until the mushrooms are completely fried. Salt.

mushroom soup

2. Then, add some water (to cover the mushrooms) and the 1/2 concentrated broth cube and leave to boil for 10 minutes.

3. Blend all and pour some milk or cream over it, mixing again. I used milk and it gives it a nice tasty touch. And that’s it!

The hotter, the more delicious it is, especially on these cold days! If you tried any of the soups we’ve made before, you’ll love this one. Enjoy it!

2 thoughts on “Crema de champiñóns / Mushrooms soup

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *