Hamburguesas de berenxena / Aubergine burgers

Hamburguesas de berenxena

hamburguesa berenxena

Despois do Nadal, convén coidar un pouco o menú, por iso de recuperar folgos para poder seguir tomando lambonadas 🙂 E estas hamburguesiñas de berenxena son moooi sinxelas e moooi saborosas! Se as facedes, xa vos digo que repetides seguro! Máis sinxelas non poden ser e os ingredientes xa vedes que poucos son, non levan ovo, son saudables…que? Xa vos convencín? Aínda non? Pois o mellor de todo es que están de medo!!! Imos aló!

Ingredientes para 4 mini hamburguesas:

– 1 berenxena
– 4 chalotas ou 1/2 cebola
– 50 gramos de pan relado

Hamburguesas de berenxena paso a paso:

1. Cortamos a berenxena en cubiños e fritimos ata que estea moi brandiña.

hamburguesas berenxena

hamburguesas berenxena

2. Facemos un puré coa berenxena frita esmagándoa con garfo e engadimos as chalotas picadas moi finiñas.

hamburguesas berenxena

3. Engadimos os 50 gramos de pan relado e formamos as hamburguesas. Como eu o fixen co molde de hamburguesas, só precisei 50 gramos de pan relado, se vedes que aínda así, non se forman ben a man, podedes botar máis. De todas maneiras, eu tamén probei a facelas a man e cos 50 gramos, formábanse ben.

hamburguesas berenxena

hamburguesas berenxena

4. Deixamos repousar un pouco para que manteñan a forma e fritímolas a lume lento ata que estean torradiñas por ámbolos dous lados.

hamburguesas berenxena

5. E por último, só temos que montar a hamburguesa empregando o pan caseiro que xa fixemos. E listo!

Nesta ocasión, acompañei a hamburguesa con leituga e queixo parmesano, máis o seu sabor é tan bo, que xa case non precisa nada máis! Unha hamburguesa vexetariana, vegana, saudable e perfecta para esta época post-enchentas de Nadal 😉

_____________________________________________________

Aubergine burgers

hamburguesa berenxena

After Christmas time, we need to cook some healthy dishes to recover from so many dinners and sweet treats! These aubergine burgers are veeery easy and veeery tasty! If you prepare them, you will repeat for sure! They are extremely simple, the ingredients are just a few, no egg is needed, they’re healthy…already persuaded? Not yet? Ok, the best thing is that they’re incredibly yummy!!! Let’s go!

Ingredients for 4 mini burgers:

– 1 aubergine
– 4 shallots or 1/2 onion
– 50 gr breadcrumbs

Aubergine burgers step by step:

1. Chop the aubergine in cubes and fry until really soft.

hamburguesas berenxena

hamburguesas berenxena

2. Make an aubergine purée by smashing it with a for and mix it with the shallots, finely chopped.

hamburguesas berenxena

3. Add 50 grams of breadcrumbs and form the burgers. As I used the kit burger mould, I just needed 50 grams of breadcrumbs, but I tried it as well using my hands, and it was enough for me. Anyway, if you need more breadcrumbs in order to form the burger, you can add more.

hamburguesas berenxena

hamburguesas berenxena

4. Leave to settle a bit so they can keep the form while frying, and then fry at a medium-low temperature until golden brown on both sides.

hamburguesas berenxena

5. Last, prepare the burger using the homemade burger buns we have just made. And that’s it!

This time, I added some parmesan cheese and some lettuce, but the aubergine flavour is so intense and tasty, you won’t need anything else to enjoy it. A vegetarian, vegan, healthy and perfect burger to recover from Xmas big meals 😉

2 thoughts on “Hamburguesas de berenxena / Aubergine burgers

  1. Ola! Hoxe fixen estas hamburguesas e están boísimas! Grazas pola receita! Para a próxima atrévome co pan… que desta volta xa me parecía moito aventurarme hehe.

    Un saudiño

    1. O pan xa verás como tamén che sae ben, aínda que precisa de máis tempo. Alégrome de que che gustara 😉 Grazas a ti por probar as receitas e comentar! 😀

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *